AVALIACIÓN CONTINUA: A participación do estudante nalgún dos sistemas de avaliación da materia (prácticas de laboratorio, resolución de problemas e exercicios, simulación, saída de estudo, exame de preguntas obxectivas) implicará a condición de presentado e a súa cualificación nas actas. Requírese unha asistencia mínima do 75% ás prácticas, saída de estudo e simulación da materia para ter dereito á avaliación das mesmas. En caso contrario, a nota destes sistemas de avaliación será 0,0. Un/ha alumno/a que non teña a modalidade de "avaliación global", estará suspenso/a se non acada unha NOTA MÍNIMA de 4,0 puntos (sobre 10) en cada unha das probas antes descritas. Non obstante, terá a posibilidade de recuperar as partes non superadas no exame da convocatoria de maio. O/A alumno/a aprobará a materia se a CUALIFICACIÓN FINAL é ≥ 5,0, é dicir, se a suma das cualificacións obtidas nos distintos sistemas de avaliación da materia é ≥ 5,00. Segunda convocatoria: Na segunda convocatoria os/as alumnos/as realizarán un exame final no cal se lles avaliará de todas as metodoloxías docentes aplicadas ao longo da materia. Sendo esta nota o 100% da cualificación. AVALIACIÓN GLOBAL:
Cando un/ha alumno/a solicite a avaliación global, realizarase un "EXAME FINAL" nas datas establecidas no calendario da escola. A súa cualificación será a suma do 90% da nota obtida no "EXAME FINAL" e do 10% da nota de prácticas de laboratorio. COMPROMISO ÉTICO:
Espérase que o alumno mostre un comportamento ético adecuado. En caso de detectarse un comportamento éticamente reprobable (por exemplo: copia, plaxio, utilización de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso (0.0). |