Avaliación continua en primera oportunidade Ó largo do cuadrimestre realizaranse as siguientes actividades puntuables: prácticas de laboratorio, prácticas con axuda das TIC e un exame de preguntas obxectivas na parte media do cuadrimestre. Suman entre todas unha puntuación do 60% do total. o 40% restante da materia será avaliado na data oficial fixada polo centro nun exame de preguntas obxectivas (10%) e resolución de problemas(30%). Para superar a materia será necesario obter un mínimo do 40% da nota máxima correspondiente a cada unha das partes (Preguntas obxectivas ( 2/5 puntos), resolución de problemas (1.2/3 puntos), prácticas (0.8/2 puntos)). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todalas cualificacions é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Avaliación continua en segunda oportunidad Mantense a nota obtida en prácticas e realizarase un exame de preguntas obxectivas correspondente co 50% (5 puntos) da nota e un exame de problemas correspondente co 30% (3 puntos) de la nota. Para superar a materia será necesario obter un mínimo de 40% da nota correspondiente a cada una de las partes (Preguntas obxectivas ( 2/5 puntos), resolución de problemas (1.2/3 puntos), prácticas (0.8/2 puntos)). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todalas cualificacions é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Avaliación global Os alumnos que renuncien a avaliación continua serán avaliados sobre todo o contido, teórico e práctico, que corresponderá co 100% da nota global. Para superar a materia será necesario obter un mínimo do 40% da nota correspondente a cada unha das partes (Teoría ( 2/5 puntos), Práctica(2/5 puntos)). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todalas cualificacions é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |