Avaliación continua en primeira oportunidade Ó longo do cuadrimestre o estudantado realizará
prácticas de laboratorio e un exame, sumando entre todos
unha puntuación do 60% do total. O 40% restante da materia será avaliado na
data oficial fixada polo centro, nun exame de preguntas obxectivas e resolución
de problemas. Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación
mínima resultante da suma de todas as actividades avaliables, de 5 puntos,
acadar un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das partes de
cada exame( teoría e problemas) e un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha
das outras actividades avaliables(prácticas). Se nalgunha
das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é
superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será de suspenso (4 puntos). Avaliación continua en segunda oportunidade Mantense a nota acadada nas prácticas de
laboratorio. Realizarase un exame de preguntas
obxectivas correspondente co 50% (5 puntos) da nota e un exame de problemas
correspondente co 30% (3 puntos) da nota. Para superar a materia será
necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as
actividades avaliables, de 5 puntos e acadar un mínimo do 40% da
nota máxima correspondente a cada apartado (preguntas obxectivas, resolución de
problemas e prácticas). Se nalgunha das probas non se
alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5, a
nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Avaliación global: O alumnado que renuncie á avaliación continua será
avaliado sobre todo o contido da materia (teoría, resolución de problemas e
prácticas) que corresponderá co 100% da nota global. Para superar a materia
será necesario acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a cada
unha das partes (teoría, resolución de problemas e prácticas). Se nalgunha das
probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é
superior a 5, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso(4 puntos). Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |