Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Física III
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta argumentada 50 B10
C2
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor 40 B10
C2
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe por parte dos alumnos no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos 10 B10
C2
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Oportunidade ordinaria

1.1 Avaliación continua



- A cualificación final G0 resulta da cualificación de aula A0 (80%
da cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da
cualificación de laboratorio L0 (20% da cualificación final), sobre os contidos
do Bloque III.

- A cualificación A0 componse da cualificación de aula C0 (40% da
cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas (preguntas
de desenvolvemento e resolución de problemas ou exercicios) a realizar durante
o curso, e da cualificación de aula F0 (40% da cualificación final), que se
obtén dunha proba final teórico-práctica que se celebrará o mesmo día que o
exame da oportunidade ordinaria.



- A cualificación L0 componse da cualificación L01 (10% da
cualificación final), que se obtén mediante probas teórico-prácticas a realizar
durante o curso (preguntas de desenvolvemento e resolución
de problemas ou exercicios) sobre os contidos do Bloque III.1, e a
cualificación L02 (10% da cualificación final), que se obtén dun informe de
prácticas sobre os contidos do Bloque III.2. Ademais, tras cada práctica do Bloque III.1 se
deberá entregar un informe de prácticas. Só os alumnos que teñan asistido regularmente
ao laboratorio e entregado todos os informes de prácticas do Bloque III.1 poden
optar a unha cualificación L0 distinta de "0,0".

- A cualificación final da avaliación continua na oportunidade
ordinaria obtense como



G0 = A0 (80%) + L0 (20%) = C0 (40%) + F0 (40%) + L01 (10%) + L02 (10%)

1.2 Avaliación global



- A cualificación G1 resulta da cualificación de aula A1 (80% da
cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación
de laboratorio L1 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque
III.1.



- A cualificación A1 componse das cualificacións C1 (40% da
cualificación final) e F1 (40% da cualificación final), que se obteñen de
probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de
problemas ou exercicios).



- A cualificación L1 (20% da cualificación final) obtense dunha
proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e
resolución de problemas ou exercicios).



- A cualificación final da avaliación global na oportunidade
ordinaria obtense como


G1 = A1 (80%) + L1 (20%)= C1 (40%) + F1 (40%) + L1 (20%)

2. Oportunidade extraordinaria



- Todos os alumnos, tanto se teñen coma se non teñen concedida a
renuncia á avaliación continua, obterán o 100% da súa cualificación final G2
dun exame correspondente á oportunidade extraordinaria.



- A cualificación G2 resulta da cualificación de aula A2 (80% da
cualificación final), sobre os contidos dos Bloques I e II, e da cualificación
de laboratorio L2 (20% da cualificación final), sobre os contidos do Bloque
III.1.



- A cualificación A2 componse das cualificacións C2 (40% da
cualificación final) e F2 (40% da cualificación final), que se obteñen de
probas teórico-prácticas (preguntas de desenvolvemento e resolución de
problemas ou exercicios).



- A cualificación L2 (20% da cualificación final) obtense dunha
proba teórico-práctica (preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas
ou exercicios).



- A cualificación final da avaliación continua ou da avaliación
global na oportunidade extraordinaria obtense como


G2 = A2 (80%) + L2 (20%)= C2 (40%) + F2 (40%) + L2 (20%)

3. Características comúns e interconexión entre as alternativas de
avaliación



- Na avaliación continua e global correspondente ás oportunidades
ordinaria e extraordinaria que se definiron nas seccións anteriores, podemos
clasificar as cualificacións equivalentes entre si en tres grupos formados por
tres elementos cada un: as cualificacións de aula C0, C1 e C2, as
cualificacións de aula F0, F1 e F2 e as cualificacións de laboratorio L0, L1 e
L2. Se C é a cualificación válida máis recente das cualificacións
C0, C1 e C2, F é a cualificación válida máis recente das
cualificacións F0, F1 e F2 e L é a cualificación válida máis recente das cualificacións L0, L1 e L2, a cualificación
final G nas oportunidades ordinaria ou extraordinaria, sexa pola vía da
avaliación continua ou da avaliación global, obtense como



G =C(40%) + F (40%) + L(20%)



- Para aprobar a materia é condición necesaria e suficiente obter
unha cualificación final G igual ou superior a 5 en calquera das alternativas de
avaliación.

-
Para obter a cualificación final G1 na oportunidade ordinaria un estudante, con
ou sen renuncia a avaliación continua, poderá optar entre:

a)
realizar a parte do exame da oportunidade ordinaria correspondente ás cualificacións
C1, F1 e/ou L1, que se empregarán na fórmula da cualificación final da
avaliación na oportunidade ordinaria G1.

b)
empregar a súa cualificación válida máis recente de cada tipo (C0, F0 e/ou L0)
para substituír, respectivamente, ás cualificacións C1, F1 e/ou L1 na fórmula
da cualificación final da avaliación na oportunidade ordinaria G1, non
respondendo a parte correspondente do exame desta oportunidade.



- Para obter a cualificación final G2 na oportunidade
extraordinaria un estudante, con ou sen renuncia a avaliación continua, poderá
optar entre:

a) realizar a parte do exame da oportunidade
extraordinaria correspondente ás cualificacións C2, F2 e/ou L2, que se empregarán na fórmula da
cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2.

b) empregar a súa cualificación
válida máis recente de cada tipo (C0 ou C1, F0 ou F1 e/o L0 ou L1) para
substituír, respectivamente, ás cualificacións C2, F2 e/ou L2 na fórmula da
cualificación final da avaliación na oportunidade extraordinaria G2, non
respondendo a parte correspondente do exame desta oportunidade.

4. Convocatoria de fin de carreira



- A convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema de
avaliación que a oportunidade extraordinaria.



- A avaliación na convocatoria fin de carreira é completamente
independente das avaliacións nas oportunidades ordinaria e extraordinaria (en particular, non son de aplicación as características e
interconexións descritas na sección anterior).

5. Normas de avaliación complementarias

- Os estudantes que non se presenten a
ningunha das probas (C, F, L) que se realizan o día da proba final, terán una cualificación
de "non presentado" nesa oportunidade.

- Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico
durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de
introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será
considerado motivo de non superación da materia e a cualificación final na
correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)".



- As probas de avaliación e a súa corrección serán realizadas
conxuntamente polo colectivo de profesores que imparten a materia.



- As datas das probas finais en cada oportunidade serán as asignadas pola
Dirección da E.E.I..

6. Compromiso ético



Espérase que o alumno
presente un comportamento ético adecuado. No caso de que se detectase un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos
non autorizados, ou outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación final na
correspondente oportunidade de avaliación será "suspenso (0,0)".

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000