PRIMEIRA EDICIÓN: a)Modalidade de Avaliación continua A avaliación continua realizarase durante o periodo de impartición da materia. Para superar a materia o alumno deberá acadar un 5 ou superior. A contribución de cada proba a nota é como segue: 1) Avaliación dos contidos de prácticas mediante proba escrita, elaboración e entrega da memoria de prácticas (20% da cualificación). 2) Elaboración e presentación dun traballo (10% da cualificación). 3) Primeira proba escrita dos contidos impartidos nas clases non prácticas (30% da cualificación). Esta proba está programada para mediados do cuatrimestre de impartición da materia , na semá habilitada polo Centro. 4) Segunda proba escrita dos contidos impartidos nas clases non prácticas (40% da cualificación). Esta proba levaráse a cabo na data oficial marcada polo centro para realizar a avaliación global da materia. Para superar a materia na primeira edición da acta por avaliación continua, deberáse acadar un 40% como mínimo en cada unha das probas escritas ou a suma das notas correspondentes as dúas probas deberá acadar un mínimo de 3,5 puntos , e dicir, un 50% de 7. O alumno, unha vez realizada a primeira proba e non acadar o mínimo, poderáse presentar a través da modalidade de Avaliación global, renunciando por escrito a avaliación continua no prazo establecido polos profesores responsables.. b)Modalidade de Avaliación global. Aqueles alumnos que renuncien á metodoloxía de avaliación continua e polo tanto empreguen a metodoloxía de avaliación global, farán un exame sobre a totalidade dos contidos da materia (impartidos tanto nas clases teóricas como nas prácticas) na data marcada polo centro, sobre unha puntuación de 10 puntos, sendo preciso acadar 5 puntos. SEGUNDA EDICIÓN (exame de Xullo): Na segunda edición da acta: a) Aqueles alumnos que na edición anterior se avaliaron pola modalidade da Avaliación continua, se o desexan, poderán manter as cualificacións dos apartados 1) e 2). Neste caso, serán avaliados mediante unha proba escrita, sobre os contidos impartidos nas clases teóricas. A proba representará un 70% da cualificación final, sendo preciso acadar un mínimo do 50%, para que a nota desta proba pódase sumar ás obtidas nos apartados 1) e 2). Esta proba realizaráse na data oficial fixada polo centro. b) Modalidade de Avaliación global: Nesta modalidade o alumno fará unha proba escrita que avaliará a totalidade dos contidos da materia, impartidos nas clases de teoría e de prácticas. Para superar a materia o alumno deberá obter 5 puntos sobre 10. Esta proba realizaráse na data oficial fixada polo centro para a segunda oportunidade. Compromiso Ético: Espérase que o alumno/a presente un comportamento ético adecuado, tal como se recolle nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado, aprobado no Claustro do 18 de Abril do 2023. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, emprego de aparellos eléctricos non autorizados, e outros) considerarase que ó alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global non presente curso académico sera de suspenso (0.0). AVISO: No suposto de haber discrepancias entre as diferentes versións lingüísticas da guía, prevalecerá o recollido na versión de galego. Compromiso
Ético: Espérase
que o alumno/a presente un comportamento ético adecuado, tal como se
recolle nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento
sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso
de aprendizaxe do estudantado, aprobado no Claustro do 18 de Abril do 2023. No caso de detectar
un comportamento non ético (copia, plaxio, emprego de aparellos
eléctricos non autorizados, e outros) considerarase que ó
alumno non reune os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a
cualificación global non presente curso académico sera de suspenso (0.0). AVISO: No suposto de haber discrepancias entre as diferentes versións
lingüísticas da guía, prevalecerá o recollido na versión de galego. |