AVALIACIÓN CONTÍNUA (EC).
Xunto coa proba EC2, os alumnos que o desexen poderán realizar unha proba de recuperación do contido avaliado en EC1 ou conservar a nota obtida previamente.
Nota Final 1ª oportunidade = ( Nota_EC1 + Nota_EC2 ) * 0.4 + Nota_ECL * 0.2
onde, Nota_EC1, Nota_EC2 e Nota_ECL son, respectivamente, as notas das probas EC1, EC2 e a nota de prácticas, avaliadas entre 0 e 10 puntos.
Na convocatoria da 2ª oportunidade, o alumno que non renuncie á EC podrerá conservar a nota obtida en EC1, ou EC2 na 1ª oportunidade ou realizar unha proba de recuperación da parte ou partes que desexe.
Nota Final 2ª oportunidade = ( Nota_EC1 + Nota_EC2 ) * 0.4 + Nota_ECL * 0.2
Para aprobar a materia a Nota Final deberá ser, polo menos, de 5.0 puntos.
Cada nova matricula da materia supón unha posta a cero das cualificacións nas actividades de avaliación continua obtida en cursos anteriores.
AVALIACIÓN GLOBAL (EC).
Os alumnos que renuncien á avaliación continua, na data establecida pola EEI para a 1ª oportunidade, deberán realizar unha proba escrita EGA, con valoración do 80% da Nota Final na que se avalían os contidos impartidos nas clases de aula, e unha proba tamén escrita EGL cunha valoración do 20% da Nota Final que avaliará as competencias impartidas nas clases prácticas.
Nota Final 1ª oportunidade = Nota_EGA * 0.8 + Nota_*EGL * 0.2