Dende a antigüedade, os procesos biotecnolóxicos foron utilizados para a obtención de productos de interese. Na actualidade, o sector biotecnolóxico é unha das áreas que está experimentando un maior crecemento, o que conleva a necesidade de seleccionar, dentro dun espacio de posibilidades, aquelas alternativas que en base a un criterio predeterminado, permitan cumplir cos obxectivos desexados. A búsqueda dun plantexamento formal do problema de deseño promove a necesidade de encontrar modelos matemáticos que se axusten ós datos empíricos e que permitan unha maior facilidade na optimización e simulación destes procesos. Todo isto redundará nunha maior eficiencia e facilidade de control de diversidade de procesos con base biotecnolóxica. Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.