Considerarase a asistencia, a actitude, a participación e a calidade do traballo realizado no laboratorio.
Os informes deberán ser entregados individualmente na semán seguinte á realización da práctica, e sempre antes de realizar unha nova sesión de laboratorio. Considéranse varios formatos diferentes de presentar os resultados das prácticas: Memora de prácticas, presentación de PowerPoint, póster, artigo de investigación, video, etc.
Cada informe, en calquera dos formatos, debe conter unha explicación do traballo feito no laboratorio, os datos obtidos e a súa análise, e as conclusións derivadas deles. Ademáis, tamén débese inclui-lo obxetivo da práctica e, no seu caso, os fundamentos teóricos aplicados.
Baixo ninguna circunstancia se avaliará o informe presentado por un/unha alumno/a que non fixera antes a práctica no laboratorio.
As competencias CG3, CG4, CT6, CT9 e CE21 avalíaranse en base ás entregas do alumno/a ó rematar cada unha das prácticas, dependendo do formato, por rúbrica.
A competencia CT17 avalíase en base ó traballo realizado no laboratorio, onde as prácticas realízanse en grupos de 2 alumnos.
30
B3 B4
C21
D6 D9 D17
Traballo tutelado
Cada alumno/a deberá facer un proxecto individual ou en grupo (dacordo cos profesores) e entrega-lo, polo menos 15 días antes de rematar as clases, no formato de memorándum.
Este proxecto terá por obxecto o deseño dun experimento real que combine varias das técnicas estudadas nas sesións de prácticas, a execución do mesmo, a análise e presentación dos resultados obtidos, e a elaboración dun documento escrito que sirva de "guión" nun futuro.
O proxecto realizado tamén deberá expoñerse públicamente, ante un tribunal ou en actividades programadas con iste fin, antes do inicio do periodo oficial de exames. A data da exposición publicarase ao inicio da materia.
En ningún caso, se avaliará o proxecto presentado por un/unha alumno/a que non participase en tódalas fases da súa elaboración, incluida a súa exposición pública.
Avalíanse as competencias CG3, CG4, CE21, CT10 coa proposta feita para resolve-lo problema experimental plantexado.
As competencias CT2, CT6, CT9 e CT10 avalíanse en función da calidade do traballo realizado no laboratorio e do informe elaborado ao remate da proba. Valorarase a redacción, estructura e presentación dos mesmos, a análise e tratamento de datos feito, así como as conclusións acadadas.
A competencia CT17 avalíase a partir do traballo feito nas fases de escolla, deseño, execución e exposición pública, pois en todas elas o alumnado
traballa en equipos de 2 alumnos.
30
B3 B4
C21
D2 D6 D9 D10 D17
Resolución de problemas e/ou exercicios
Exercicios que se fagan e entreguen ao profesor ó longo do curso, en relación cos contidos da materia vistos nas clases de teoría.
Ó longo do curso cada alumno/a deberá entregar varios exercicios resoltos, que nalghun caso serán exercicios resoltos no mesmo aula e, noutros casos,
serán exercicios que deberá resolver de forma autónoma.
As competencias CG3 e CG4 avalíanse en función da resolución dos problemas plantexados, para o cal o alumno deberá aplicar os coñecementos específicos
desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.
As competencias CT2, CT6, CT9, CT10 e CE21 avalíaranse coa resolución, por parte do/a alumno/a, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademais de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para resolver problemas de maneira autónoma empregando ferramentas informáticas
10
B3 B4
C21
D2 D6 D9 D10
Exame de preguntas obxectivas
A proba final de avaliación farase ao final do período de clases, na data fixada polo centro. A proba, que é de carácter teórico-práctico, consistirá na resolución de problemas curtos e/ou casos prácticos valéndose de ferramentas informáticas. Nela avaliarase a asimilación por parte do alumno dos conceptos teóricos e prácticos desenvolvidos na materia.
As competencias CG3, CG4 e CE21 avalíanse no exame de teoría, en función das respostas do alumno ás preguntas plantexadas.
As competencias CE21, CT2, CT6 e CT9 avaliaranse no exame de problemas, en base á resolución de varios problemas de Enxeñaría Química, para o que terá que aplicar coñecementos adquiridos na aula.
A competencia CT10 avaliarase en ámbalas duas partes, xa que os dous exames esixen a capacidade de análise e síntese. Ademais, nos dous casos, o
resultado obtido é unha medida do traballo autónomo feito
30
B3 B4
C21
D2 D6 D9 D10
Outros comentarios sobre a Avaliación
Criterios a seguir para a cualificación final
PRIMEIRA CONVOCATORIA
1. Estudantes que seguen a avaliación continua
Considerarase que un/unha estudante cursa a materia en réxime de avaliación continua, sempre e cando non renunciara oficialmente á avaliación continua, é decir, sempre que non solicitara a "renuncia á avaliación continua", nos prazos fixados pola dirección da E.E.I. a tal fin.
A cualificación final dos/as estudantes que cursen a materia en réxime de avaliación continua farase dacordo aos seguintes criterios:
(a) Obrigatoriedade de facer e aproba-lo "Exame de preguntas obxectivas", as "Prácticas de laboratorio"e o "Traballo tutelado":
NON aprobará a materia quen non faga e aprobe estas tres probas (exame de preguntas obxectivas, prácticas de laboratorio e traballo tutelado).
Tódalas probas avaliaranse sobre un máximo de 10 puntos, de xeito que para aproba-las o/a estudante terá que acadar unha cualificación ≥ 5 puntos.
(b) O/A estudante que cumpra a condición dada no apartado (a) aprobará a materia a condición de que a suma das cualificacións obtidas en tódalas probas de avaliación recollidas nesta guía sexa ≥ 5 puntos.
2. Estudantes con renuncia oficial á avaliación continua
Aqueles estudantes aos que a Dirección da E.E.I. lles conceda a "renuncia á avaliación continua" terán que facer e aprobar un exame final consistente en:
i) Resolución de problemas curtos (30% da nota total)
ii) Cuestións sobre fundamentos teóricos da experimentación (10% da nota total)
iii) Cuestións relacionadas coa experimentación no laboratorio (60% danota total).
SEGUNDA CONVOCATORIA
Para os/as estudantes que cursaron a materia en réxime de avaliación continua: Manterase a cualificación da proba "“Resolución de problemas e/ou exercicios" e o/a alumno/a deberá repetir aquelas outras probas nas que, na primeira convocatoria, non acadou a nota mínima esixida.
Para o estudiantado que renuncie oficialmente á avaliación continua: Rexen os mesmos criterios que na primeira convocatoria.
Compromiso ético:
Agardase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).