Resolución de problemas |
Durante o desenvolvemento do tema utilizarase a resolución de cuestións e problemas con obxecto de reforzar os aspectos presentados nas clases maxistrais. |
Presentación |
Os alumnos realizarán unha presentación do CASO de ESTUDO realizado, e serán avaliados por un tribunal composto polos profesores da materia. |
Actividades introdutorias |
Nesta actividade presentaráselles aos alumnos o temario e prácticas a desenvolver durante o curso, así como os obxectivos, competencias e criterios de avaliación. Así mesmo, explicaráselles a forma de desenvolver a materia, crearanse os grupos que realizarán os traballos e prácticas. |
Estudo de casos |
Ao longo do curso, os alumnos desenvolverán un traballo en grupo, CASO de ESTUDO, relacionado coa temática da materia que será proposto polos profesores utilizando como material de partida diversos artigos científicos. |