PRIMEIRA CONVOCATORIA: 1. Estudantes que seguen a avaliación continua Considerarase que un/unha estudante
cursa a materia en réxime de avaliación
continua, sempre e cando non renunciara oficialmente á avaliación continua,
é decir, sempre que non solicitara a "renuncia
á avaliación continua", nos prazos fixados pola dirección da E.E.I. a tal
fin.
Un/unha alumno/a que"non renuncie oficialmente á avaliación continua", estará suspenso/a se non acada unha NOTA MÍNIMA de 5,0 ptos (sobre 10) no "Informe de prácticas", de 4,0 ptos (sobre 10) tanto no "Exame de preguntas obxectivas" como na proba "Resolución de problemas e/ou exercicios". No caso de supera-la nota mínima, dito/a alumno/a aprobará a materia se a súa cualificacíon final é ≥ 5,0 , é decir, se a suma das cualificacións obtidas nos "Informe de prácticas", na "Resolución de problemas de forma autónoma", no "Exame de preguntas obxectivas" e na "Resolución de problemas e/ou exercicios" é ≥ 5,0.
Ademais, para supera-la materia un/unha alumno/a non poderá faltar, se causa xustificada, a mais de 1 práctica de laboratorio. Se, excepcionalmente, non poder asistir no horario fixado a algunha das prácticas, se lle facilitará a recuperación da mesma nun horario consensuado entre o estudante e o profesor.
2. Estudantes con renuncia oficial á avaliación continúa
Un/unha alumno/a que "renuncie oficialmente á Avaliación Continua" , fará un "exame final" de teoría e problemas (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) que valerá o 85% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 15% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.
SEGUNDA CONVOCATORIA: Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios. En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación da "Resolución de problemas de forma autónoma" e do "Informe de prácticas", sempre e cando se superase a nota mínima esixida na primeira convocatoria. Se na 1ª convocatoria un/unha alumno/a aproba, cunha nota ≥ 5, sexa o
"Exame de preguntas obxectivas", sexa a "Resolución de problemas e/ou
exercicios", en Xullo soamente terá que repeti-la proba suspensa.
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos). Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos). |