Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Enxeñaría química I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Exercicios e/ou "Probas parciais" que se fagan e entreguen ó profesor ó longo do curso, relacionados cos conceptos e contidos da materia.

Ó longo do cuadrimestre cada alumno/a deberá entregar varios exercicios, resoltos de xeito autónomo.

As competencias CG3 e CE19 avalianse en función das respostas do alumno ás cuestións de teoría e da resolución dos problemas plantexados. En ámbolos dous casos, o alumno, deberá aplicar coñecementos específicos desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.

As competencias CT2, CT9 e CT10 avalianse na resolución, por parte do alumno, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademáis de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para resolver problemas de xeito autónomo.
25 B3
C19
D2
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas Probas escritas na que o/a alumno/a deberá dar resposta a varias cuestións teóricas relacionadas co temario da materia.

Ó longo do cuadrimestre faranse dúas probas, unha delas a metade do cuadrimestre (T-1) e outra o remate das clases (T-2), en ámbolos dous casos nas datas fixadas polo centro. Cada unha delas avaliarase sobre 10 ptos e representará un 50% da valoración total deste item.

As competencias CG3, CG4 e CE19 avalíanse en función das respostas do alumno ás cuestións plantexadas.

Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado nestas probas é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
24 B3
B4
C19
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas escritas que consisten na resolución de varios problemas relacionados co temario da materia.

Ó longo do cuadrimestre faranse dúas probas, unha delas a metade do cuadrimestre (P-1) e outra ó remate das clases (P-2), en ámbolos dous caos nas datas fixadas polo centro. Cada unha delas avaliarase sobre un máximo de 10 ptos e representará un 50% da valoración total deste item.

As competencias CE19, CT2 e CT9 avalíanse en base á resolución por parte do alumno de varios problemas de Enxeñería Química, para o cal terá que aplica-los coñecementos adquiridos no Aula.

Tamén se avalía a competencia CT10 pois o resultado acadado nestas probas é unha medida do traballo feito polo alumno de xeito autónomo.
36 C19
D2
D9
D10
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas no laboratorio, no cal deberase explicar o traballo feito no laboratorio, incluir os datos obtidos, a sua análise e as conclusións que deles se deriven. Ademais, tamén deberase poñe-lo obxectivo da práctica e, de selo caso, incluir os fundamentos teóricos nos que se basa a práctica feita.

Cada informe deberá entregarse individualmente na semán seguinte á de realización da práctica, e sempre antes de ter unha nova sesión de laboratorio.

Consideraranse varios formatos diferentes de presentación dos resultados das prácticas: Memoria de prácticas, presentación en PowerPoint, póster, artígo científico, video, etc.

En ningún caso, se avaliará o informe presentado por un/unha alumno/a que non fixera con anterioridade a práctica no laboratorio.

As competencias CG3, CG4, CT6 e CT9 avalíanse en base á calidade do informe feito polo alumno ó rematar cada una das prácticas, valorándose a redacción, estructura e presentación do mismo, a análise e o tratamiento de resultados feito, así como as conclusión acadadas.

A competencia CT17 avalíase en base ó traballo feito no laboratorio, onde as prácticas fanse en grupos de 2 alumnos. Ademáis, o informe de prácticas débese elaborar e presentar en grupo.
15 B3
B4
D6
D9
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 PRIMEIRA CONVOCATORIA:

1. Modalidade de avaliación continua

Considerarase que un/unha estudante
cursa a materia en réxime de avaliación
continua
, sempre e cando non renunciara oficialmente a dita modalidade de avaliación,
é decir, sempre que non solicitara oficialmente o cambio á "modalidade de avaliación global", nos prazos fixados pola dirección da E.E.I. a tal
fin.

A cualificación final dos/as
estudantes que cursen a materia en réxime de avaliación continua farase
dacordo aos seguintes criterios:

a) Obrigatoriedade de
facer tódalas probas programadas nos apartados "Exame de preguntas
obxectivas"
(T-1 e T-2) e "Resolución de problemas e/ou exercicios"
(P-1 e P-2)
  • Tódalas probas avaliaranse sobre un máximo de 10
    puntos, de xeito que para aprobalas o/a estudante terá que acadar unha
    cualificación ≥ 5 puntos.

  • NON aprobará a materia quen nalgunha das catro probas programadas (T-1, T-2,
    P-1
    ou P-2) non acade una nota ≥ 4 puntos.



b) Obrigatoriedade de face-las "Prácticas
de laboratorio"  e entrega-los informes
correspondentes



  • As prácticas avaliaranse sobre un máximo de 10 puntos,
    de xeito que para aprobalas o/a estudante terá que acadar unha cualificación ≥
    5 puntos.

  • NON aprobará a materia quen non acade una nota ≥ 4 puntos.
  • Ademais, para supera-la materia un/unha alumno/a non poderá faltar, se causa xustificada, a mais de 1 práctica de laboratorio. (Se, excepcionalmente, non poder asistir no horario fixado a algunha das prácticas, se lle facilitará a recuperación da mesma nun horario consensuado entre o estudante e o profesor).

c) O/A estudante que cumpra as condicións dos apartados
(a) e (b) aprobará a materia a condición de que a suma das
cualificacións ponderadas obtidas en tódalas probas de avaliación recollidas
nesta guía sexa ≥ 5 puntos
.

 En canto as probas "Exame de preguntas obxectivas"  e "Resolución de problemas e/ou exercicios":

  • As probas T-1 e P-1 faranse no mesmo dia, a metade do cuadrimestre, e na data fixada pola E.E.I. Nelas o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas teóricas e resolver problemas relacionados cos contidos dos dous primeiros temas do temario da materia.
  • Se un estudante non acada unha nota ≥ 4 puntos en T-1 ou en P-1, e aproba a outra proba, na 2º convocatoria (xullo) só deberá repeti-la proba suspensa.

  • As probas T-2 e P-2 faranse no mesmo dia, unha vez rematadas as clases, e na data fixada pola E.E.I. Nelas o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas teóricas e resolver problemas relacionados cos contidos dos dous derradeiros temas do temario da materia.
  • Se un estudante non acada unha nota ≥ 4 puntos en T-2 ou en P-2, e aproba a outra proba, na 2º convocatoria (xullo) só deberá repeti-la proba suspensa

2. Modalidade de avaliación global



Aqueles estudantes aos que a Dirección da E.E.I. lles conceda o cambio á "modalidade de avaliación global" , farán un "exame final" de teoría e problemas (Exame de preguntas obxectivas + Resolución de problemas e/ou exercicios) que valerá o 85% da nota final, e un exame de prácticas que valerá o 15% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o alumno debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.

SEGUNDA CONVOCATORIA:

Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios.

En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación da "Resolución de problemas de forma autónoma" e do "Informe de prácticas", sempre e cando se superase a nota mínima esixida na primeira convocatoria.

Se na 1ª convocatoria un/unha alumno/a aproba, cunha nota ≥ 5, algunha das probas recollidas en "Exame de preguntas obxectivas" (probas T-1 e T-2) ou en "Resolución de problemas e/ou
exercicios" (probas P-1 e P-2), en Xullo soamente terá que repeti-las probas suspensas.

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000