Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Instrumentación electrónica
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Instrumentación electrónica Código V12G340V01801
Titulación
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 3 2c
Lingua de impartición
#EnglishFriendly
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxía electrónica
Coordinador/a
Eguizábal Gándara, Luis Eduardo
Correo-e eguizaba@uvigo.es
Profesorado
Eguizábal Gándara, Luis Eduardo
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral A Instrumentación Electrónica é parte da tecnoloxía electrónica, principalmente analóxica, que se ocupa da medición de calquera tipo de magnitude física, da conversión da mesma a magnitudes eléctricas e do seu tratamento para proporcionar a información adecuada a un sistema de control, a un operador humano ou ambos. A instrumentación ten dous grandes temas de traballo:
- O estudo dos sensores e dos seus circuítos de acondicionamento.
- O estudo dos equipos de instrumentación que se empregan para a medida de calquera tipo de variable física.
Esta materia enmárcase dentro da titulación de Enxeñaría en Organización Industrial, é por iso que se describirán os aspectos máis importantes para este tipo titulados. Entre os que cabe destacar:
1º) Sensores
2º) Circuítos de acondicionamento de sinal
3º) Sistemas de adquisición de datos
4º) Sistemas de captura de datos en planta
5º) Equipos de instrumentación
6º) Introdución aos Microcontroladores
7º) A pirámide da automatización. Control da produccíón e o control de procesos.
8º) Introdución á Electrónica de Potencia
Esta materia ten un marcado carácter práctico, achegando aos futuros titulados a capacidade de selección da solución técnica máis adecuada, tanto para a adquisición de variables físicas, como a incorporación dos mesmos en sistemas de xestión empresarial, para facer tarefas de control de procesos e control da producción.
Materia do programa English Friendly. Os/ as estudantes internacionais poderán solicitar ao profesorado: a) materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, b) atender as titorías en inglés, c) probas e avaliacións en inglés.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000