Avaliación continua Para superar a materia por avaliación continua, o aluno/a deberá superar as prácticas, un traballo práctico en grupo, e o exame final. Para superar as prácticas, o aluno/a deberá asistir, e presentar as memorias cando sexa esixido, a aquelas prácticas que sexan consideradas obrigatorias polo profesorado ao longo do curso. As memorias presentadas deberán reunir a calidade suficiente a xuízo do profesorado para poder superar as prácticas. En caso de falta de asistencia ás prácticas obrigatorias, o aluno/a deberá presentar igualmente as memorias correspondentes, e ademais elaborar e aprobar un traballo compensatorio relacionado con cada práctica á que non asista, indicado polo profesor/a correspondente. Ademais, o aluno/a deberá elaborar en grupo (o número de persoas será indicado polo profesorado), un traballo práctico, que será plantexado polo profesorado ao comenzo do curso. En caso de aprobar este traballo, a nota obtida suporá un 20% da calificación total. O aluno/a que teña pendente o traballo práctico da materia, poderá recuperalo unicamente na convocatoria de xuño. Ademais, o aluno/a deberá superar o exame final da materia, cunha parte teórica (50% da nota), composta por un test e/ou preguntas de resposta curta, e outra práctica (50% da nota), composta por un ou varios exercicios. Previamente ao exame final farase unha proba de seguimento teórica (composta por un test e/ou preguntas de resposta curta),ao remate do curso, que será liberatoria, da materia teórica,para o exame final. A nota desta proba, de aprobarse, supoñerá o 40% da cualificación global da materia. Convocatorias oficiais O alumno/a terá que presentarse a un exame final, cunha parte teórica (50% da nota), composta por un test e/ou preguntas de resposta curta, e outra práctica (50% da nota), composta por un ou varios exercicios. Oalumno/a que teña superadas as prácticas, e que supere a probade seguimento teórica, fará unha proba final reducida correspondente á parte práctica da materia (50% da nota). O alumno/a que teña superadas as prácticas e non superea proba de seguimento, fará unha proba final correspondente a todaa materia, cunha parte teórica (50% da nota) e outra práctica (50% da nota). O alumno/a que non supere as prácticas fará unha proba con valor do 100% da nota (50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica), con independencia de que supere ou non a proba de seguimento no seu momento. Aclaracións A calificación final calcularase a partir das notas das distintas probas, tendo en conta a ponderación destas: 1) Parte teórica: 40% 2) Parte práctica: 40% 3) Traballo práctico: 20% De calquera modo, para superar a materia é condición necesaria superar todas as partes sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota igual ou superior a 5).Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a calificación final será de suspenso. A modo de exemplo, un alumno/a que obteña as seguintes cualificacións: 8 e 3, estará suspenso, aínda cando a nota media dá un valorsuperior a 5, posto que ten unha nota inferior a 4 nunha das partes. Nestescasos, a nota que se reflictirá na acta será "suspenso (4,0)". Nonse permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probasde avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivoelectrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo denon superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de "suspenso (0,0)*. Compromiso ético Espérase que o aluno/a presenteun comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamentonon ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, eoutros) considerarase que o aluno/a non reúne os requisitos necesarios parasuperar a materia. Neste caso a calificación global no presente curso académicoserá de "suspenso (0,0)". |