Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Mecánica de fluídos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Mecánica de fluídos Código V12G340V01401
Titulación
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos
Coordinador/a
Conde Fontenla, Marcos
Correo-e mfontenla@uvigo.gal
Profesorado
Conde Fontenla, Marcos
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Nesta guía docente preséntase información relativa á materia Mecánica de Fluídos de 2º curso do grao en Enxeñaría en Organización Industrial, no que se continúa de forma coordinada un achegamento ás directrices marcadas polo Espazo Europeo de Educación Superior.
Neste documento recóllense as competencias xenéricas que se pretende que os alumnos adquiran neste curso, o calendario de actividades docentes previsto e a guía docente de materia.
A Mecánica de Fluídos describe os fenómenos físicos relevantes do movemento dos fluídos, describindo as ecuacións xerais dos devanditos movementos. Este coñecemento proporciona os principios básicos necesarios para analizar calquera sistema no que o fluído sexa o medio de traballo.
Estes principios son de aplicación en:
-Deseño de maquinaria hidráulica
-Centrais térmicas e de fluídos de produción de enerxía convencionais e renovables.
- Lubrificación
- Sistemas de calefacción e ventilación, calor e frío.
- Deseño de sistemas de tubaxes.
- Medios de transporte.
- Aerodinámica de estruturas e edificios.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000