Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Breves cuestionarios para o asentamento da teoría que poderán constar de: cuestións teóricas ou prácticas, incluída a resolución de breves exercicios. Poderán ser cuestionarios tipo test. As preguntas estarán baseadas no tratado/explicado nas últimas leccións maxistrais xusto antes da proba. Realizarase a lo menos una proba. Tratárase de probas síncronas en clase, en papel ou na plataforma de teledocencia. Peso: entre un 5% e un 25%, en función do número de probas realizadas ao longo do curso (na caixa figura un 20% como valor representativo). Ver outros comentarios para o método de avaliación. 20 B4
B5
C8
D2
D9
D10
Prácticas de laboratorio As medicións e os resultados pedidos na memoria de cada práctica, serán avaliados a través dun informe de prácticas ou cuestionario tipo test. Realizarase a lo menos una práctica. Peso: entre un 5% e un 15%, en función do número de prácticas realizadas ao longo do curso (na caixa figura un 10% como valor medio representativo).
Ver outros comentarios para os pesos e o método de avaliación.
10 B5
C8
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas escritas que poderán constar de: cuestións teóricas, cuestións prácticas resolución de exercicios/problemas, tema a desenvolver e/ou cuestionario tipo test.
Ver outros comentarios para o método de avaliación.
40 B4
B5
C8
D2
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas escritas que poderán constar de: cuestións teóricas, cuestións prácticas resolución de exercicios/problemas, tema a desenvolver e/ou cuestionario tipo test.
Ver outros comentarios para o método de avaliación.
15 B4
B5
C8
D2
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas escritas que poderán constar de: cuestións teóricas, cuestións prácticas resolución de exercicios/problemas, tema a desenvolver e/ou cuestionario tipo test.
Ver outros comentarios para o método de avaliación.
15 B4
B5
C8
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A/O alumna/o poderá decidir libremente a metodoloxía de avaliación (Global ou Continua) dentro do prazo e procedemento estipulados a tal efecto pola escola ou o coordinador da materia, e en calquera caso de acordo coa normativa vixente.

O problema da elección polo alumnado dunha metodoloxía de avaliación ou outra, de acordo cos pesos máximos estipulados, maniféstase de forma máis dramática no caso de dous alumnos que realizan o exame/reválida final e, obtendo exactamente a mesma cualificación nel (por exemplo, un 6), un aproba por ter elixido a avaliación global e o outro suspende por ter elixido a avaliación continua e obter só un 4.2 sobre 10 na media das probas de avaliación continua.


Para mitigar esta contradición da normativa no caso de optar por facer unha proba final de reválida, nesta materia calcularanse para cada estudante en modalidade de avaliación continua, dúas notas e asignaráselle a máis alta das dúas.

Modalidade Avaliación Continua


No calculo da cualificación final, consideraranse catro bloques de avaliación que consistirán e terán os seguintes pesos:

  • Primeira proba parcial de avaliación continua, peso: 15%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.
  • Segunda proba parcial de avaliación continua, peso: 15%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.
  • Proba final de avaliación continua (reválida), peso: 40%. Proba consistente en cuestións teórico/prácticas incluíndo resolución de exercicios e problemas e/ou tema a desenvolver. Poderían incluír cuestionarios tipo test.
  • Prácticas e cuestionarios para o asentamento da teoría, peso: 30%. Para a avaliación das prácticas: entrega dunha memoria/informe/cuestionario e/ou realización de proba oral de a lo menos unha práctica experimental/TIC a realizar ao longo do curso. Para a avaliación das probas para o asentamento da teoría: cuestionario síncrono a realizar na clase en formato papel ou na plataforma de teledocencia.

No espírito do parágrafo anterior, asignarase a nota final de curso a todo o alumnado mediante a seguinte fórmula:


Nota-Actas = máx {0.6 NC + 0.4 NF , NF + (1/30) NC (10 - NF)}


onde NC é a media ponderada das probas de avaliación continua: probas parciais, prácticas e probas para o asentamento da teoría (no rango de 0 a 10); e NF é a nota da proba final de reválida (tamén sobre 10).

Modalidade Avaliación Global


Farase un exame final na data oficial aprobada en xunta de escola, puntuación máxima: 100%

Outros


Na convocatoria de segunda oportunidade (extraordinaria de xullo) rexerá a mesma metodoloxía que en primeira oportunidade, realizándose unha nova proba de avaliación final para o alumnado que vaia por continua e un novo exame final para o itinerario seguindo a avaliación global. Na modalidade de avaliación continua, por tanto, gárdase a nota das probas parciais e de prácticas.

De acordo co espírito da avaliación "continua" non se garda ningunha nota de cursos anteriores.

No caso de non presentarse a ningún exame final/reválida, a cualificación será a de Non Presentado, salvo que o/a estudante en caso de terse presentado a algunha proba de avaliación, exprese por escrito o seu desexo de que lle figure a nota correspondente.

Calendario de exames

Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: https://eei.uvigo.es/gl/estudos/planificacion-academica/calendario-de-exames/

Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no actual curso académico será de suspenso (0.0).
https://eei.uvigo.es/gl/escola/compromiso-etico/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000