1.
Avaliación continua Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase nesta materia
un sistema de avaliación continua. As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A cualificación final do estudantado que elixa esta vía non poderá ser "non presentado". A planificación das diferentes probas de avaliación estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.
A
avaliación continua está formada polas tres
partes seguintes: 1.a Teoría (60%)
Realizaranse 2 probas parciais
de teoría (PT1 e PT2) debidamente programadas ao longo do curso.
Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada
proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das
probas ás que falte será de 0 puntos.
Ademais, o estudiantado deberá realizar un traballo tutelado en grupos de 2 persoas (sempre que sexa posible formalos). O traballo será sobre un tema concreto proposto polo profesorado a principio do curso. Entregarase unha memoria final que debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. A data de entrega de dito documento será debidamente programada e informada polo profesorado da materia. Esta parte valorarase cunha nota de traballo (NT) de 0 a 10 puntos.
A
nota final de teoría (NFT) será a obtida coa seguinte expresión: NFT
= 0,4·PT1 + 0,4·PT2 + 0,2·NT Para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en cada proba parcial e no traballo tutelado. 1.b
Práctica (35%)
Realizaranse
9 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 persoas (sempre que sexa posible formalos). A
valoración da parte práctica farase
de forma individual. Terase
en conta o
traballo
individual de preparación previa, a participación e
o
trabalo
desenvolvido por cada membro do
grupo durante as sesións de prácticas. Destinaranse 7 sesións a realizar un traballo consistente no estudo e caracterización do funcionamento dos sensores situados nas maquetas de sistemas dispoñibles no laboratorio (deseño de circuíto de acondicionamento, programa de monitorización e control,...). Para avaliar este traballo teranse en conta os resultados obtidos, a análise dos mesmos e a calidade da memoria final entregada. Esta parte valorarase cunha nota de traballo con maquetas (NTM) entre 0 e 10 puntos. Ademais, o estudantado só poderá faltar a 1 sesión; se isto non se cumpre NTM = 0.
As outras 2 sesións destinaranse á realización de prácticas de instrumentación programable. Esta parte valorarase cunha nota (NIP) entre 0 e 10 puntos. Ademais, o estudantado non poderá faltar a ningunha destas 2 sesións; se isto no se cumpre NIP = 0. Obterase unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio se a asistencia foi de polo menos 7 sesións; e a nota final das prácticas (NFP) será a obtida coa seguinte suma
ponderada: NFP
= 0,8·NTM
+ 0,2·NIP 1.c Observación sistemática (5%)
Terase
en conta, ademais dos aspectos mencionados na descrición, a
participación do
estudantado
na
realización das actividades propostas para o seu traballo
autónomo e
a
participación nas
titorías. A
nota desta
parte
(NOS)
valorase
de 0 a 10 puntos. 1.d
Nota final da materia
Na nota
final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60 %, a nota de
prácticas (NFP) un peso do 35%
e
a nota obtida en base á
observación sistemática (NOS) un peso do
5%. Para aprobar a materia será imprescindible superar
a parte de teoría (obter
polo
menos 5 puntos de 10 en cada proba parcial e
no
traballo
tutelado) e obter unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Neste
caso a cualificación final será: NF
= 0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS. No
caso de non ter superado a parte de teoría nin ter obtido unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, a nota final será a
obtida coa seguinte expresión: NF
= min( { 4,9 ; (0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS) } ). Para
aprobar a materia será imprescindible obter unha nota final NF>=5.
2. Avaliación global
Quen non opte pola avaliación continua poderá
presentarse a unha proba de avaliación global que constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua.
Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a
realización de dita proba, quen non optase pola
avaliación continua deberá realizar unha proba teórica. Quen queira presentarse a proba de avaliación global deberá poñerse en contacto co
profesorado con suficiente antelación para que o profesorado poida asignarlles un traballo tutelado individual e así poidan entregar a memoria correspondente o mesmo día da proba de teoría. Ademais, a realización das prácticas é obrigatoria sexa cal for a convocatoria á que se presenten. O
exame teórico consistirá en dúas
probas (PT1 e PT2) que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios.
Cada proba (PT) valorarase
de 0 a 10 puntos e
a nota das probas ás
que falte será de 0 puntos. A
nota do traballo
tutelado (NT) valorarase
de 0 a 10 puntos. A non realización deste traballo
supoñerá unha nota NT de 0 puntos.
A
nota final de teoría (NFT) será a obtida coa seguinte expresión: NFT
= 0,4·PT1 + 0,4·PT2 + 0,2·NT Quen non realizase as prácticas da materia terá unha cualificación de non apto nas prácticas de laboratorio e unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos. Para
aprobar a materia será imprescindible superar a parte de teoría
(obter
un mínimo de 5 puntos de 10 en cada proba parcial e
tamén
no
traballo
tutelado) e obter unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Neste
caso a cualificación final será: NF
= 0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS. No
caso de non superar a parte de teoría nin ter obtido unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, a nota final será a obtida
coa seguinte expresión: NF
= min( { 4,9 ; (0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS) } ). Para
aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.
3. Avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira
A avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira terá o mesmo formato que a avaliación global (apartado 2). A proba de avaliación celebrarase nas datas que estableza a dirección da Escola.
A quen se presente á avaliación na convocatoria extraordinaria conservaráselle a nota que obteña na convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global) nas partes ás que non se presente.
O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2. 4. Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado.
No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) en calquera dos traballos/probas realizadas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. |