Tema |
Subtema |
TEMA 1: Programación de microcontroladores |
Introdución. Tipos de linguaxes. Programación en C do PIC18F47Q10-Microchip |
TEMA 2: Unidade de captura e comparación en microcontroladores |
Variables temporais. Xeración e medida. Estrutura básica dun periférico de captura e comparación. Modulación de anchura de impulso (PWM). Estudo de Periféricos CCP do PIC18F47Q10. Exemplos de aplicación e programación. |
TEMA 3: Entrada/Saída serie en microcontroladores |
Introdución á conexión serie entre procesadores. Comunicación serie síncrona. Exemplos: SPI, I2C. Comunicación serie asíncrona. Estrutura básica dun periférico para a entrada/saída serie. Estudo dos Periféricos do PIC18F47Q10-Microchip para E/S serie (USART e SSP). Exemplos de aplicación asíncrona e síncrona. |
TEMA 4: Organización de memoria dun microcontrolador |
Xerarquía de memoria en procesadores dixitais. Memoria cache: estrutura básica, alternativas, exemplos de funcionamento. Ampliación de memoria dun microcontrolador. Acceso directo a memoria (DMA) |
TEMA 5: Modos de funcionamento especiais |
Consumo en procesadores dixitais. Modos de baixo consumo. Estudo do PIC18F47Q10. Exemplos de aplicación e programación. Estratexias de vixilancia por tempo (watch-dog). Estudo de solución no PIC18F47Q10. Exemplos de aplicación e programación. |
TEMA 6: Circuítos aritméticos |
Formatos numéricos: enteiros con e sen signo, coma fixa, coma flotante. Precisión. Multiplicación e división enteiras: algoritmos e bloques funcionais. Optimización das prestacións. Operacións en coma flotante. |
TEMA 7: Deseño de periféricos específicos |
Conexión de periféricos a microcontroladores. Temporizador/contador: estrutura e aplicacións. Serializador/Deserializador |
TEMA 8: Exemplos de deseño de sistemas electrónicos dixitais de instrumentación e control industrial |
Casos prácticos |
Práctica 1. Regulación de velocidade en Bucle Aberto (BA) dun motor de cc cun control PWM |
Estúdase o funcionamento do periférico CCP en modo PWM do PIC18F47Q10-Microchip do entorno de proba e a súa aplicación práctica na regulación de velocidade en BA de un motor de cc. |
Práctica 2: Medida de velocidade dun motor de cc mediante un sensor que xera impulsos de frecuencia variable (Encoder incremental) |
A partir do sinal de impulsos que xera un sensor optoelectrónico de barreira realizar un circuíto de medida da velocidade de xiro dun eixo. |
Práctica 3: Regulación de velocidade en Bucle Pechado (BC) dun motor de cc cun control PI |
Usando os elementos e programas das prácticas anteriores deseñar e realizar un sistema de control de velocidade de xiro dun motor de corrente continua cun regulador en bucle pechado do tipo PI. |
Práctica 4. Deseño e realización dunha unidade de acoplamiento serie SPI para un convertedor A/D. |
Deseño e realización dun módulo de control SPI para conexión serie síncrona cun convertedor A/D |
Práctica 5. Deseño e realización dunha unidade de acoplamiento serie para un convertedor D/A. |
Deseñar e realizar un módulo de control SPI para conexión serie síncrona con un convertedor D/A, que permita xerar un valor de tensión a partir da combinación dixital establecida con interruptores. |
Práctica 6. Deseño e realización dun sistema de procesado en tempo real. |
Deseño e realización dun filtro dixital para unha sinal analóxica. Tomarase a sinal do convertedor A/D a través da canle SPI e o resultado sacarase polo convertedor D/A |