Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
6
OP
4
2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Costas Pérez, Lucía
Correo-e
lcostas@uvigo.es
Profesorado
Costas Pérez, Lucía
Web
Descrición xeral
Trátase dunha materia terminal, continuación da materia de Electrónica Dixital e Microcontroladores. O obxectivo da materia é completar as competencias e habilidades do alumnado necesarias para o deseño, análise, simulación, depuración, proba e mantemento de circuítos electrónicos dixitais baseados en dispositivos reconfigurables (FPGAs) e en microcontroladores e destinados ao control de procesos industriais. A materia céntrase nos seguintes conceptos:
- Periféricos de comunicación serie e a súa adaptación aos niveis eléctricos dos protocolos normalizados.
- Periféricos de captura e comparación para o tratamento e xeración de sinais dixitais con información temporal (Saídas de alta velocidade, Modulación de Anchura de Impulso, Medida de frecuencia, período ou desfasamento, etc).
- Formatos numéricos e operadores matemáticos.
- Descrición e utilización de linguaxes de descrición de hardware (HDL) como ferramenta para a especificación de circuítos dixitais.
- Estratexias para a implantación de algoritmos de control dixital con microcontroladores e dispositivos reconfigurables.
- Hardware para control en tempo real de procesos industriais.