Avaliación continua en primeira oportunidade Ao longo do cuadrimestre realizaránse as seguintes actividades puntuables: prácticas de laboratorio, prácticas con axuda das TIC, un traballo tutelado e un exame de preguntas obxectivas na parte media do cuadrimestre. Suman entre todas unha puntuación do 60% do total. O 40% restante da materia será avaliado na data oficial fixada polo centro nun exame de preguntas obxectivas (20%) e resolución de problemas(20%). Para superar a materia será necesario obter un mínimo do 40% da nota correspondente a cada unha das partes (Preguntas obxectivas ( 1.6/4 puntos), resolución de problemas (0.8/2 puntos), prácticas (0.8/2 puntos) e traballo tutelado(0.8/2)). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Avaliación continua en segunda oportunidade Mantense a nota obtida en prácticas e a nota do traballo tuelado. Realizarase un exame de preguntas obxectivas correspondente co 40% (4 puntos) da nota e un exame de problemas correspondente co 20% (2 puntos) da nota. Para superar a materia será necesario obter un mínimo do 40% da nota correspondente a cada unha das partes (Preguntas obxectivas ( 1.6/4 puntos), resolución de problemas (0.8/2 puntos), prácticas (0.8/2 puntos) e traballo tutelado(0.8/2)). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Avaliación global Os alumnos que renuncien á avaliación contínua serán avaliados sobre todo o contido, teórico e práctico, que se corresponderá co 100% da nota global. Para superar a materia será necesario obter un mínimo do 40% da nota correspondente a cada unha das partes (Teoría ( 2/5 puntos), práctica(2/5 puntos)). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos). Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |