Educational guide 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Materias
  Control de máquinas e accionamentos eléctricos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio A avaliación da parte práctica de laboratorio realizarase de forma continua (sesión a sesión). Os elementos de avaliación son: - Asistencia (mínimo do 80%). -Puntualidade. - Preparación previa das prácticas. - Utilización correcta do material. -Resultados entregados por cada alumno ou grupo de alumnos ao finalizar cada práctica.
A non asistencia a unha sesión de prácticas supón que será puntuada con 0 puntos. Unha asistencia a clases de practicas inferior ao 80% supón que a nota total de prácticas é de cero puntos. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte.
10 C20
D1
D2
D6
D10
D16
D17
Prácticas con apoio das TIC A avaliación da parte práctica con apoio das TIC realizarase de forma continua (sesión a sesión).
Os elementos de avaliación son: - Asistencia (mínimo do 80%). -Puntualidade. - Preparación previa das prácticas. - Utilización correcta do material. -Resultados entregados por cada alumno ó finalizar cada práctica e os cuestionarios propostos si os houbese.
A non asistencia a unha sesión de prácticas supón que será puntuada con 0 puntos.
Unha asistencia a clases de practicas inferior ao 80% supón que a nota total de prácticas é de cero puntos. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte.
10 C20
D1
D2
D6
D10
D16
Traballo tutelado A realización do traballo é obrigatoria e a avaliación do mesmo terá duas compoñentes: unha correspondente á memoria do traballo realizado e a outra correspondente á exposición e defensa do mesmo. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40% sobre a nota máxima nesta parte. 20 C20
D10
D16
D17
Exame de preguntas obxectivas A avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumno farase de forma individual e sen a utilización de ningún tipo de fonte de información, mediante exames de preguntas obxectivas sobre toda a materia teórica impartida no cuadrimestre. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40% sobre a nota máxima nesta parte. 40 B3
C20
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumno farase de forma individual e sen a utilización de ningún tipo de fonte de información, en exames que englobarán toda a materia impartida no cuadrimestre, tanto en teoría como en prácticas de laboratorio. Para poder aprobar a materia é necesario obter unha nota mínima do 40%, sobre a nota máxima nesta parte. 20 B3
C20
D1
D2
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua en primeira oportunidade

 Ó longo do cuadrimestre o estudantado realizará prácticas de laboratorio, un traballo tutelado e un exame, sumando entre todos unha puntuación do 60% do total. O 40% restante da materia será avaliado na data oficial fixada polo centro, nun exame de preguntas obxectivas e resolución de problemas. Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as actividades avaliables, de 5 puntos,   acadar un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das partes de cada exame( teoría e problemas) e un mínimo do 40% da nota máxima de cada unha das outras actividades avaliables(prácticas e traballo tutelado). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5 puntos, a nota que aparecerá na acta será de suspenso (4 puntos).

Avaliación continua en segunda oportunidade

 Mantense a nota acadada nas prácticas de laboratorio e no traballo tutelado. Realizarase un exame de preguntas obxectivas correspondente co 40% (4 puntos) da nota e un exame de problemas correspondente co 20% (2 puntos) da nota. Para superar a materia será necesario acadar unha cualificación mínima resultante da suma de todas as actividades avaliables, de 5 puntos e  acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a cada apartado (preguntas obxectivas, resolución de problemas, traballo tutelado e prácticas). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso (4 puntos).

 Avaliación global:

O alumnado que renuncie á avaliación continua será avaliado sobre todo o contido da materia (teoría, resolución de problemas e prácticas) que corresponderá co 100% da nota global. Para superar a materia será necesario acadar un mínimo do 40% da nota máxima correspondente a cada unha das partes (teoría, resolución de problemas e prácticas). Se nalgunha das probas non se alcanza a nota mínima e a suma de todas as cualificacións é superior a 5, a nota que aparecerá na acta será a de suspenso(4 puntos).

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000