Descrición xeral |
Esta materia consta de dous partes diferenciadas pero intimamente relacionadas. A primeira delas oriéntase a introducir ao alumno nos aspectos estratéxicos da innovación vinculados á introdución de novos produtos e adopción de novas tecnoloxías. O obxectivo é aliñar a estratexia xeral da empresa coa xeración e despregamento dunha carteira de proxectos coherentes, aspecto que representa precisamente a segunda parte da materia. Nela os alumnos formaranse no uso das ferramentas de planificación e xestión de proxectos, abordando tanto as metodoloxías preditivas clásicas como as novas metodoloxías áxiles, e expondo a súa aplicación a proxectos comprendidos no ámbito do Máster. |