Nesta materia estúdase o efecto da refrixeración e a conxelación nos produtos da pesca e da acuicultura, así como as diversas tecnoloxías de aplicación destes procesos e a súa influencia na prolongación da vida útil dos devanditos produtos. Para iso analízanse os fundamentos teóricos dos procesos de arrefriado, as alteracións que a súa aplicación produce nas características dos produtos pesqueiros, e os aspectos teóricos e prácticos do control de calidade en laboratorio dos mesmos durante o seu período de conservación. Estúdanse así mesmo os diversos métodos e equipos utilizados e os aspectos loxísticos do arrefriado, conservación e almacenamento destes produtos, tanto a bordo como en terra, incluíndo a rastrexabilidade, así como os procesos de desconxelación e as liñas de elaboración a partir do produto conxelado e refrixerado.