* Esta materia rexerase polo establecido na Normativa de Prácticas Externas do Grao en Química.
* Os titor académico realizará avaliación global das prácticas externas (Anexo V) considerando: (70%) O informe realizado polo titor da empresa (Anexo IV) no que valorará aspectos relacionados coas prácticas realizadas polo alumno: puntualidade, asistencia, responsabilidade, capacidade de traballo en equipo e integración na empresa, calidade do traballo realizado, etc. (20%) A memoria explicativa que deben realizar os estudantes á conclusión das práticas na que deberán figurar, entre outros, unha descrición concreta e detallada das tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade aos que estivo asignado, unha relación dos problemas expostos e o procedemento seguido para a súa resolución, o nivel de integración dentro da empresa e as relacións co persoal e unha reflexión sobre a adecuación dos ensinos recibidos durante os estudos de Grao para o desempeño da práctica. A memoria deberá ter unha extensión mínima de 10 e máxima de 20 páxinas de tamaño A4, incluíndo portada, índice e anexos. Recoméndase marxes mínimas de 2 cm, tamaño de letra de 12 puntos, interlineado sinxelo e xustificado de parágrafo. As táboas e figuras se numerarán de forma consecutiva a medida que aparezan no texto e incluirán un breve encabezado describindo o seu contido. (10%) A valoración do titor académico (Anexo V) da aptitude e actitude do estudante durante o desenvolvemento das actividades realizadas. |