Identificar os compoñentes celulares e moleculares que participan nas respostas inmunitarias.
Coñecer a diversidade de receptores do sistema inmunitario.
Identificar as interaccións dos receptores do sistema inmunitario cos seus ligandos e comprender a súa complexidade.
Coñecer as diferentes metodoloxías de obtención de anticorpos para a súa posterior utilización no laboratorio e/ou terapia.
Comprender e manexar os conceptos, terminoloxía e instrumentación científica.
Comprender os aspectos teóricos e técnicos dos diferentes ensaios inmunoquímicos.
Elaborar un procedemento para levar a cabo unha técnica inmunoquímica no laboratorio.
Aplicar coñecementos e tecnoloxía relativos á Inmunoquímica en aspectos relacionados coa produción, análise e diagnóstico de procesos e recursos biolóxicos e/ou químicos.
Aplicar o coñecemento da Inmunoquímica para illar, identificar, manexar e analizar especímenes e mostras de orixe biolóxica e/ou química, así como para caracterizar os seus constituíntes.
Comunicar de forma escrita e oral unha análise crítica dun traballo científico en relación á aplicación de técnicas inmunoquímicas en diferentes campos.
|
A3 A4
|
B2 B4
|
C49
|
D1 D3 D5
|