Guia docente 2024_25
Facultad de Química
Grao en Química
 Materias
  Química organometálica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Clases expositivas nas que o profesor dará a coñecer os aspectos máis relevantes de cada tema.
Resolución de problemas Clases de seminario que se dedicarán á resolución de dúbidas ou cuestións que xurdan no desenvolvemento de cada tema, e á resolución de cuestións, exercicios e problemas propostos polo profesor.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas de laboratorio nas que se aplicarán os coñecementos teóricos adquiridos. As prácticas realizaranse en 4 sesións de 3,5 horas e os alumnos deberán reflectir e interpretar o observado no correspondente caderno de laboratorio.
Presentación Os alumnos realizarán unha presentación curta dun artigo de investigación de química organometálica do último ano aplicando os conceptos apresos durante o curso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000