Os resultados de aprendizaxe BÁSICOS para esta materia indícanse a continuación, de xeito resumido: - Linguaxe química (grupos funcionais; formulación e nomenclatura orgánica; frechas de reacción e resonancia; frechas curvas; formas resoantes).
- Estereoquímica (representar estrutura tridimensional; conformacións silla; centros quirais; asignación de configuración absoluta e configuración de alquenos).
- Reactividade básica (identificar ácidos, bases, nucleófilos e electrófilos; estados de oxidación formais; carbocatións; estabilidade de catións e anións).
- Laboratorio (determinación do rendemento dunha reacción).
En caso de dúbida acerca da adquisición de resultados de aprendizaxe por parte do alumnado, poderanse realizar probas orais adicionais de avaliación. Para superar a materia en xuño será necesario: - Acadar mención de APTO/A na avaliación das prácticas de laboratorio.
- Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba global
- Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba escrita da parte experimental.
Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada das probas. - Acadar unha puntuación mínima de 5.0 na suma ponderada de todos os apartados.
A cualificación final do estudantado que supere a materia poderá ser normalizada de xeito que a cualificación máis alta poda acadar un valor de ata 10 puntos. ALUMNADO DE 2ª E POSTERIORES MATRÍCULAS: Ao estudantado que fose avaliado con APTO/A no traballo de laboratorio nalgún curso anterior outorgaráselle mención de APTO/A no seguimento do traballo de laboratorio no curso académico actual, non sendo necesaria a realización dos experimentos novamente. Con todo, deberán realizar o cuestionario (10%) e a proba escrita da parte experimental (15%) para conseguir a cualificación correspondente á parte experimental da materia no curso académico actual. AVALIACIÓN EN XULLO: Manterase a cualificación obtida polo alumnado durante o curso en resolución de problemas, traballo tutelado, prácticas de laboratorio e cuestionario de laboratorio. Poderase realizar unha proba sobre todos os contidos teóricos da materia que suporá un 40% da cualificación final e/ou unha proba escrita da parte experimental que suporá un 15% da cualificación final. Será necesario alcanzar nesta probas un mínimo de 4 puntos sobre 10 para superar a materia e para ter en conta o resto dos elementos de avaliación. A cualificación final será a suma ponderada de todos os apartados, sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada das probas. OPCIÓN DE AVALIACIÓN GLOBAL: Para superar a materia o alumnado deberá realizar as prácticas de laboratorio, acadar cualificación APTO/A no traballo desenvolvido no laboratorio e cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 na proba escrita da parte experimental (20% da cualificación final). Ademais deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia (80% da cualificación final). |