Guia docente 2024_25
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a participación e a resolución das tarefas propostas polo profesorado. 25 A1
A5
B5
C17
C18
D1
D3
Traballo tutelado O alumnado realizará un traballo en grupo formal. Será unha actividade de aplicación dos coñecementos/habilidades desenvolvidos na materia. 10 A1
A5
C17
C18
D3
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas de laboratorio é obrigatoria.
O traballo de laboratorio será avaliado como APTO/A ou NON APTO/A. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: traballo previo e/ou posterior, desenvolvemento do traballo experimental e caderno de laboratorio.
Para que o alumnado supere a materia deberá obter a cualificación de APTO/A no traballo de prácticas de laboratorio.
0 B5
C17
C18
C26
C28
D1
Exame de preguntas obxectivas Unha vez realizadas as prácticas de laboratorio, o alumnado responderá un cuestionario relacionado co contido experimental da materia. 10 B5
C17
C26
C28
D1
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha proba sobre os contidos dos primeiros temas, que suporá o 15% da cualificación final.
15 A1
A5
B5
C17
C18
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha proba sobre TODOS OS CONTIDOS DA MATERIA, que suporá un 25% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.
25 A1
A5
B5
C17
C18
D1
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha proba escrita relacionada coa parte experimental da materia, que suporá un 15% da cualificación final. Esixirase unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10.0 nesta proba para superar a materia.
15 B5
C17
C18
C26
C28
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os resultados de aprendizaxe BÁSICOS para esta materia indícanse a continuación, de xeito resumido:

  • Linguaxe química (grupos funcionais; formulación e nomenclatura orgánica; frechas de reacción e resonancia; frechas curvas; formas resoantes).
  • Estereoquímica (representar estrutura tridimensional; conformacións silla; centros quirais; asignación de configuración absoluta e configuración de alquenos).
  • Reactividade básica (identificar ácidos, bases, nucleófilos e electrófilos; estados de oxidación formais; carbocatións; estabilidade de catións e anións).
  • Laboratorio (determinación do rendemento dunha reacción).

En caso de dúbida acerca da adquisición de resultados de aprendizaxe por parte do alumnado, poderanse realizar probas orais adicionais de avaliación.

Para superar a materia en xuño será necesario:

  • Acadar mención de APTO/A na avaliación das prácticas de laboratorio.
  • Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba global
  • Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba escrita da parte experimental.

Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada das probas.

  • Acadar unha puntuación mínima de 5.0 na suma ponderada de todos os apartados.

A cualificación final do estudantado que supere a materia poderá ser normalizada de xeito que a cualificación máis alta poda acadar un valor de ata 10 puntos.

ALUMNADO DE 2ª E POSTERIORES MATRÍCULAS: Ao estudantado que fose avaliado con APTO/A no traballo de laboratorio nalgún curso anterior outorgaráselle mención de APTO/A no seguimento do traballo de laboratorio no curso académico actual, non sendo necesaria a realización dos experimentos novamente. Con todo, deberán realizar o cuestionario (10%) e a proba escrita da parte experimental (15%) para conseguir a cualificación correspondente á parte experimental da materia no curso académico actual.

AVALIACIÓN EN XULLO: Manterase a cualificación obtida polo alumnado durante o curso en resolución de problemas, traballo tutelado, prácticas de laboratorio e cuestionario de laboratorio. Poderase realizar unha proba sobre todos os contidos teóricos da materia que suporá un 40% da cualificación final e/ou unha proba escrita da parte experimental que suporá un 15% da cualificación final.

Será necesario alcanzar nesta probas un mínimo de 4 puntos sobre 10 para superar a materia e para ter en conta o resto dos elementos de avaliación.

A cualificación final será a suma ponderada de todos os apartados, sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada das probas.

OPCIÓN DE AVALIACIÓN GLOBAL: Para superar a materia o alumnado deberá realizar as prácticas de laboratorio, acadar cualificación APTO/A no traballo desenvolvido no laboratorio e cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 na proba escrita da parte experimental (20% da cualificación final). Ademais deberá obter como mínimo 5 puntos sobre 10 nunha proba na que se avaliarán todos os contidos da materia (80% da cualificación final).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000