Guia docente 2024_25
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química inorgánica II
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral Durante todo o período docente o alumnado poderá consultar as súas dubidas tanto, nas sesións presenciais como no horario de titorías, neste último caso previa cita. O equipo docente informará da súa dispoñibilidade cos horarios de titorías publicados na páxina web da Facultade. Adicionalmente, empregaranse canles de comunicación telématica co alumnado (correo electrónico, ferramentas do aula virtual o da plataforma de teledocencia Moovi).
Prácticas de laboratorio Tanto para a preparación das sesións de laboratorio como nas propias sesións presenciais o alumnado contará coa axuda do equipo docente da materia. As sesións de titorías poderán realizarse de xeito presencial ou por virtual mediante correo electrónico, videoconferencia, foros na aula virtual, etc. Previa concertación dunha cita.
Traballo tutelado O alumnado debera facer o curso "In-fórmate coa Biblio" cuxa duración estimada é de 15 horas, diseñado polo persoal da Biblioteca e que terán a súa disposición na plataforma de teledocencia Moovi. O alumnado que obteña a cualificación de "Apto" neste curso obterá o correspondente certificado emitido pola Biblioteca computable por 15 horas de traballo para o recoñecemento de créditos ECTS. A cualificación obtida neste curso constituira a nota acadada neste apartado.
Resolución de problemas Debaterase cos alumnos a resolución dos exercicios propostos e analizaranse os resultados obtidos en conexión co desenvolvemento de aspectos teóricos. Responderase as cuestións adicionais que o alumnado poida ter no horario de titoría do profesor.
Probas Descrición
Exame de preguntas de desenvolvemento Durante todo o período docente o alumnado poderá consultar as súas dubidas tanto, nas sesións presenciais como no horario de titorías, neste último caso previa cita. O equipo docente informará da súa dispoñibilidade cos horarios de titorías publicados na páxina web da Facultade. Adicionalmente, empregaranse canles de comunicación telématica co alumnado (correo electrónico, ferramentas do aula virtual o da plataforma de teledocencia Moovi). Durante a relización do exame o alumnado pode solicitar ao profesorado as aclaracións que considere oportunas para a correcta comprensión das cuestións formuladas.
Exame de preguntas de desenvolvemento
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000