A participación do alumnado en calquera dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio (tres ou máis) e a realización de probas. Para aprobar a materia, o alumnado debe ter realizado as prácticas da materia e realizar as 2 probas de preguntas de desenvolvemento. Nestes será imprescindible acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, para poder contabilizar as notas adquiridas no seguimento de seminarios, clases teóricas e nas prácticas realizadas. Unha vez tidas en conta todas as puntuacións, o alumnado deberá acadar unha nota global de polo menos 5 sobre 10 para superar a materia. Convocatoria de xullo. O alumnado que non supere a materia ao final do cuadrimestre deberá realizar unha proba de avaliación durante a sesión de xullo. Esta proba substituirá os resultados das probas cualificativas realizadas ao longo do cuadrimestre e terá un valor de ata o 50%. Mantense a cualificación de seguimento dos seminarios, clases maxistrais e prácticas de laboratorio obtidas ao longo do cuadrimestre. O alumnado que renuncie á avaliación continua optará pola avaliación global da materia. Para superar a materia pola avaliación global, o alumnado debe ter realizado as prácticas de laboratorio (20%) e realizar unha proba escrita (80%) de toda a materia sobre aspectos específicos dos contidos explicados na clase, seminarios e prácticas. Ademais, na proba escrita será imprescindible acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, para poder contabilizar a cualificación adquirida nas prácticas de laboratorio. A proba escrita realizarase na data oficial do exame para cada oportunidade de avaliación dentro do período oficial de probas marcado no calendario académico (1º oportunidade (decembro-xaneiro) e 2º oportunidade (xuño-xullo). |