A avaliación da materia de Bioquímica é continua ao longo do curso. Para ser avaliado deste xeito, o alumno deberá realizar todas as actividades avaliables previstas (resolución de problemas, traballos tutelados e duas probas escritas). As situacións particulares que impidan a participación en actividades de forma habitual (Exemplo: contrato de traballo, enfermidade... etc) deberán ser comunicadas á maior brevidade posible ao profesorado para buscar unha solución. Para superar a materia de bioquímica (nota final como a suma das notas
ponderadas) é imprescindible ter obtido unha cualificación igual ou
superior á nota mínima esixida en cada unha das actividades avaliables por
separado. No caso de non ser así, non se fará suma e a nota que figurará na
acta de Bioquímica será a máis alta dos apartados suspensos e o alumno
deberá ir con toda a materia a convocatoria de xullo. O examen final de xullo representará o 60% da nota final e considerase superado cando sempre a nota sexa igual o superior a un 4,0 sobre 10. É importante ter en conta
que as actividades de resolución de problemas e traballo tutelado non son
recuperables. No caso de que o alumno non asista a ningunha das actividades avaliables, apararecerá como NON PRESENTADO na acta de Bioquímica nas dúas convocatorias (xaneiro e xullo). A realización dalgunha das actividades avaliables propostas (resolución de problemas, traballos tutelados, probas escritas) pero non todas implica automaticamente un suspenso na acta de Bioquímica (ambas convocatorias). Estes criterios aplicáranse de forma idéntica nas dúas convocatorias (xaneiro e xullo).
As notas das actividades resolución de problemas, traballos tutelados gardaranse durante todo o curso académico (sempre e cando superaran a nota mínima esixida).
|