Avaliación
Continua: - O
traballo voluntario do estudantado ("Test de
Autoavaliación" e "Exercicios
Avaliables") poderá constituír ata o 25% da cualificación final sempre
que o alumno realice, polo menos, a metade das actividades que se propoñan ao
longo do curso. - Para superar a materia é requisito imprescindible que a media das
cualificacións nas probas escritas sexa igual ou superior a 4,0 sobre
10,0 puntos. No caso de non acadar dita puntuación a cualiificación que se
reflectirá na acta será únicamente a media das cualificacións das probas, non
contabilizándose ningún dos demais apartados. - Para superar a materia é requisito imprescindible obter unha cualificación
igual ou superior a 5,0 puntos sobre 10 na cualificación global da mesma (15%
exercicios avaliables, 10% cuestionarios de autoavaliación e 75% probas
escritas). Avaliación Global: - O estudantado que, dentro do prazo fixado pola Facultade,
opte pola modalidade de Avaliación Global,
realizará unha proba escrita global na data fixada pola Xunta de Facultade. Esta
proba escrita global suporá o 100% da cualificación da materia. - Para superar a materia é requisito imprescindible obter na proba escrita
global unha cualificación igual ou superior a 5,0 sobre 10,0 puntos. Condición de presentado/non presentado: - A participación do estudantado nalgunha das probas
escritas implicará a condición de "presentado/a" e, polo tanto, a
asignación dunha cualificación. Segunda
Oportunidade: - No
caso da Avaliación Continua para a
avaliación da segunda oportunidade, manteranse as cualificacións dos "Exercicios Avaliables" e dos "Test de Autoavaliación". |