Opción de avaliación global A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo
e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo
académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é
obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia
ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a
oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade). Avaliación extraordinaria (2ª
oportunidade) Exame global no
que un 60% corresponderá aos contidos teóricos e un 40% dos prácticos. Outras consideracións As datas
oficiais para as probas de avaliación poderán sen consultadas no seguiente
enlace: http://masteroceanografia.com/horarios/ Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario |