Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
B1 |
Os estudantes comprenderán de forma detallada e fundamentada os aspectos teóricos, prácticos e a metodoloxía de traballo na oceanografía. |
B3 |
Os estudantes serán capaces de profundar nos principais procesos oceanográficos e as súas escalas espaciotemporais. |
B4 |
Os estudantes serán capaces de analizar bases de datos oceanográficas e adquirir habilidades para o tratamento das mesmas. |
C1 |
Os estudiantes serán capaces de adquirir coñecementos avanzados e mais relevantes, de carácter especializado e multidisciplinar, no ámbito da oceanografía e a súa aplicación ao medio mariño |
C3 |
Os estudantes analizarán situacións e condicións oceanográficas específicas relacionadas co cambio global |
D1 |
Os estudantes coñecerán e serán capaces de aplicar o método científico no ámbito académico e investigador. |
D3 |
Os estudantes serán capaces de comunicar a información obtida e as súas conclusións de forma efectiva ao público en xeral, a outros científicos e ás autoridades competentes, escoitando e respondendo de forma efectiva e, usando unha linguaxe apropiada á audiencia e ao contexto. |