Para superar a materia, independentemente do tipo de avaliación elexida, o alumnado deberá asistir obrigatoriamente as prácticas e os seminarios dos dous módulos da materia. A) En avaliación continua: Obter unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 en cada unha das actividades (de Teoría, Prácticas e Seminarios) dos dous módulos que a compoñen. Admitirase unha nota mínima de 4 puntos nunha única actividade por cada módulo, sempre que a media final da materia iguale ou supere os 5 puntos. De non superarse a materia na súa totalidade, na acta reflectirase a cualificación máis elevada das actividades non superadas. As actividades suspensas durante o semestre so poden ser recuperadas na segunda convocatoria. Na segunda convocatoria: As cualificacións das probas superadas na primeira convocatoria, consérvanse para a segunda, avaliándose o alumnado das actividades non superadas. B) En avaliación global: 1. O alumno solicitaraa no prazo marcado polo centro. 2. Tanto na primeira como na segunda convocatoria, o alumnado que opte por este tipo de avaliación avaliarase de todos os contidos da materia, debendo obter para superar a materia unha nota mínima de 5 puntos sobre 10 en cada un dos módulos. Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia e/o plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas poderán supoñer suspender a materia durante un curso completo. levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario. A data, hora e lugar de realización das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar: http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes |