1- Avaliación da teoría
A avaliación das "leccións maxistrais" realizarase en tres probas ao longo do curso, dous delas dentro das horas de teoría da materia e unha na data do exame final de Primeira Oportunidade. En cada unha de dúas primeiras probas avaliaranse todos os contidos teóricos anteriores a 5 días naturais da data de celebración da proba, fosen ou non avaliados previamente. A primeira proba valerá 2.0 puntos e a segunda 3.5. A 3ª proba, a realizar na data da avaliación global da Primeira Oportunidade, terá un valor de 1.5 puntos e abarcará o conxunto da teoría.
1.2- Avaliación das Prácticas
A avaliación das "Prácticas de laboratorio" levará a cabo á vez que a primeira proba que se faga das "leccións maxistrais". Terá unha puntuación máxima de 0.5 puntos.