-É obrigatoria a asistencia a prácticas, seminarios e excursións. -Un número de non asistencias superior ao 20% aos seminarios interromperá o proceso de avaliación continua. -O alumnado que non asistira na súa totalidade -salvo causa xustificada- ás prácticas de laboratorio ou ás saídas de campo, dado o seu carácter clínico/experimental, non poderán ser obxecto da avaliación destas actividades. (art.14 Reg. aval. 2023). -Opción de avaliación global, o exame final -en calquera das convocatorias- poderá incluír calquera aspecto teórico e/ou práctico que se explicase durante o curso, tanto nas clases teóricas como nos seminarios. As prácticas de carácter clínico/experimental (prácticas de laboratorio e saídas de campo) non poderán ser obxecto de avaliación global. (art.14 Reg. aval. 2023). A solicitude para esta opción de
avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que
será publicado con anterioridade ao comezo académico. - Avaliación continua, 1ª oportunidade Para aprobar a materia por avaliación continua será necesario acadar o 40% da puntuación máxima en seminarios, prácticas e saídas de campo, como condición necesaria para realizar o exame de preguntas obxectivas, que suporá un 35% da nota restante (sempre que se alcance o 40% da súa puntuación). -Avaliación de segunda oportunidade O exame terá as características e cumprirá os mesmos requisitos que a avaliación continua de primeira oportunidade. As datas dos exames e as clases pódense consultar na páxina web da Facultade de Ciencias do Mar. Titorías individualizadas Os horarios de titorías do profesorado da materia pódense consultar na plataforma MOOVI. “Os estudantes que cursen esta materia están obrigados a comportarse de forma responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos e habilidades acadados en calquera tipo de proba, informe ou traballo. A conduta fraudulenta pode significar suspender o curso durante un curso completo. Destas actuacións levarase un rexistro interno para que, en caso de reincidencia, solicite ao reitor a apertura de expediente disciplinario. |