Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Xeoloxía mariña aplicada
   Contidos
Tema Subtema
1. Riscos Xeolóxicos asociados ao medio mariño e litoral. (6 horas). 1.0 Introdución
1.1. Definición e tipos de Riscos xeolóxicos.
1.2. Riscos litorais e submarinos ligados á xeodinámica interna.
1.3. Riscos litorais e submarinos ligados á xeodinámica externa.
1.4. Cambios do nivel do mar.
2. A auga do mar e os sedimentos como fonte de recursos e control ambiental. (4 horas). 2.1. Características fisicoquímicas e compositivas da auga de mar.
2.2. Ecuación de Urey: termostato terrestre e estabilidade do pH do océano.
2.3 Procesos de produción de sal: evaporación secuencial da auga do mar. Plantas desalinizadoras e recuperación de salmoira.
3. Xénese, exploración e explotación de recursos xeolóxicos mariños (8 horas). 3.1 Hidrocarburos fósiles: petróleo, gas e hidratos de gas.
3.2 Minería submarina: nódulos, codias de manganeso. Polisulfuros metálicos.
3.3 Exemplo práctico: sedimentos mariños como fonte de terras raras.
3.4 Exploración do subsolo oceánico en campañas de perforación oceánica.
Seminarios.






Saídas de campo.


Prácticas de laboratorio.
Seminario I. Control estratigráfico en pozos de exploración petrolífera (6 horas).
Seminario II. Captación xeolóxica do CO2 atmosférico. (2 horas).
Seminario III. Técnicas de análise mineralóxica e xeoquímica de sedimentos mariños. (2 horas).
Seminario IV. Caso práctico: modelos de salinización de acuíferos na costa de Almería (4 horas).

Dúas saídas: Nestas analízanse de xeito práctico algúns dos aspectos máis relevantes descritos no programa teórico, como son os riscos de inundacións e os efectos antrópicos na franxa costeira galega (16 horas) .

Prácticas: Meteorización, escorrentía e salinidade do Océano: análises cuantitativo. (4 horas).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000