É necesario ter aprobados cunha calificación mínima de 5 tanto o exame final como os cuestionarios derivados dos seminarios para aprobar a materia. O cuestionario derivado do seminarios se podrá repetir, sendo a nota final o promedio das notas obtidas en ambas probas. O resto dos cuestionarios de preguntas objetivas, e o informe da saída, non requiren dunha nota mínima. A valoración dos tests de preguntas obxectivas mantense durante o curso que en cal se obtiveron por primeira vez e durante o curso seguinte. Pasado ese prazo, o estudante deberá refacelos.
A saída de estudos no barco, as prácticas de instrumentos, ODV e SBE data Processing, son sempre de carácter obrigatorio. No caso da optar pola evaluación global, o exame de preguntas de desenvolvemento tendrá un valor de 60% da nota final, é o 40% restante se repartirá entre os cuestionarios dos seminarios (30%) e prácticas (10%).
Opción de avaliación global: A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo académico. Dado o carácter experimental das prácticas, a asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación. A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª oportunidade).
Requírese do alumnado que curse esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel de coñecementos e destrezas alcanzado en todo tipo de proba, informe ou traballo. As condutas fraudulentas podrán supor suspender a materia durante un curso completo. Se levará un rexistro interno destas actuacións para que, en caso de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente disciplinario
|