Prácticas de laboratorio |
O alumnado realizará 3 sesións de prácticas no laboratorio: dúas sesións de 2,5 h cada unha de Fisioloxía animal, e unha sesión de 5 h de Fisioloxía vexetal.
A asistencia ás mesmas é obrigatoria para superar a materia. |
Foros de discusión |
A través da plataforma Moovi:
-Foro virtual de innovación e estado da arte: Artigos científicos e sitios web de asuntos fisiolóxicos/ecofisiolóxicos de ANIMAIS e VEXETAIS mariños.
-Foro virtual de repaso: Artigos científicos e sitios web de citoloxía e histoloxía de VEXETAIS mariños.
Cada aportación DE CALIDADE aos foros suma unha décima á nota final do exame de ANIMAL ou VEXETAL correspondente, ata un máximo de 1 punto en cada parte. Non penaliza se non se participa.
|