RECORDATORIO FORMA DE CUALIFICACIÓN
Insístese en que a asistencia ás actividades presenciais da materia é obrigatoria. Cando a asistencia sexa inferior ao 80% do total das actividades, non se cualificará ao alumno/a; para as saídas de campo e/ou barco será necesario asistir ao 100% das mesmas.
Se non se supera a materia, non se conserva a cualificación obtida nos bloques para o curso seguinte.
FORMATOS DE ENTREGA
A non ser que se diga explicitamente o contrario, todas as entregas han de realizarse en formato electrónico subíndoas á plataforma MooVI. Non se admitirán envíos por email, ou entregas en papel.
CON RESPECTO A OS PRAZOS ENTREGA
É importante que se teñan en conta os prazos de entrega dos traballos que se fixan. Todos os prazos expiran ás 24:00 do día indicado. Superado o prazo, considerarase que non se entregou o traballo.
CON RESPECTO Á AUTORÍA DOS TRABALLOS
As entregas de traballos en grupo son responsabilidade do coordinador, quen ten que explicitar os nomes de todos os membros do grupo. Ademais todos os co-autores teñen que subir á plataforma MooVI unha copia do seu traballo. Isto afecta o número de coautores (se houbese límite), á contribución de cada coautor (se alguen se repetise ou faltase) e á data de entrega.
Non se admitirá engadir autores unha vez o traballo foi entregado.
Autores que se repitan en máis dun traballo causarán a descalificación do traballo.
Non se aceptarán traballos plaxiados en parte ou na súa totalidade, informarase o decanato desta circunstancia para que tome as accións disciplinarias oportunas.
A PLATAFORMA MooVI É O MEDIO DE COMUNICACIÓN OFICIAL DA MATERIA.
Sempre prevalecerá o establecido no programa que aparece en MooVI ou explicitado por correo electrónico polo responsable da materia sobre o que se indique oralmente en clase de teoría, prácticas, seminarios, tutorías ou campo. |