A data, hora e lugar de realización
das probas de avaliación, serán publicadas na web oficial da Facultade de
Ciencias do Mar:
http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/
A materia consta de catro grandes
bloques principais e a calificación de cada un deles pondérase cun 25% sobre a
nota final:
Para aprobar a materia será
necesario superar cun mínimo de 5 puntos sobre 10 en todos e cada un destes
bloques. No caso de non superar a nota mínima nalgún dos bloques, a nota máxima
que poderá constar na Acta será de 4,5 puntos.
1.- Parte de teoría.
Esta parte divídese en “Exame de
preguntas obxectivas", 17,5%, e as probas incluídas en “Lección
maxistral", 7,5%. Para considerar superada esta parte, o/a alumno/a terá
que obter unha calificación igual ou superior a 5 puntos en cada unha das
probas.
Si a calificación obtida no "Exame
de preguntas obxectivas" é igual ou superior a 5 puntos e, á súa vez,
superior á alcanzada nas probas de "Lección maxistral", a calificación
final que constará no Bloque 1 será a de "Exame de preguntas
obxectivas".
2.- Parte de problemas.
Esta parte divídese en “Resolución
de problemas e/ou exercicios", 17,5%, e as probas incluídas en “Resolución
de problemas", 7,5%. Para considerar superada esta parte, o/a alumno/a
terá que obter unha calificación igual ou superior a 5 puntos en cada unha das
probas.
Si a calificación obtida na "Resolución
de problemas e/ou exercicios" é igual ou superior a 5 puntos e, á súa
vez, superior á alcanzada nas probas de "Resolución de problemas",
a calificación total que constará no Bloque 2 será a de "Resolución de
problemas e/ou exercicios".
No caso de non alcanzar a puntuación
mínima nos bloques 1.- e/ou 2.-, o/a alumno/a, de maneira individual, terá que
realizar nuevamente, na convocatoria de 2ª oportunidade a parte do exame de "Exame
de preguntas obxectivas" e/ou "Resolución de problemas e/ou
exercicios"non superada, respectivamente.
3.- Traballos de seminarios (Exame
preguntas de desenvolvemento, 25%).
A nota final dos seminarios calcularase
coa media xeométrica obtida coas cualificacións de cada un dos cuestionarios
realizados. Para considerar superada esta proba, o/a alumno/a terá que obter
unha calificación igual ou superior a 5 puntos.
No caso de non alcanzar a puntuación
mínima no bloque 3.-, o/a alumno/a, de maneira individual, terá que realizar
novamente os cuestionarios daquelas sesións de seminarios nas que obtivo unha calificación
inferior a 5 puntos no prazo que estimará oportuno o/a profesor/a
correspondente.
4.- Prácticas de laboratorio.
Avaliarase o traballo realizado no
laboratorio (“Prácticas de Laboratorio”, 3,75%, 1,5 puntos sobre 10) e o
correspondente “Informe de prácticas” (21,25%, 8,5 puntos sobre 10)
seguindo uns criterios que serán publicados na plataforma Moovi. A nota
media das prácticas de laboratorio calcularase coa media xeométrica das
cualificacións obtidas en cada unha das prácticas. Para considerar superada
esta proba, o/a alumno/a terá que obter unha calificación igual ou superior a 5
puntos.
En caso de non alcanzar a puntuación
mínima no bloque 4.-, o/a alumno/a, de maneira individual, terá que enviar
novamente os informes de prácticas daquelas sesións nas que obtivo unha calificación
inferior a 5 puntos coas correccións pertinentes, no prazo que estimará
oportuno o/a profesor/a correspondente.
A realización por parte do alumnado
de calquera proba das que se mostran na táboa anterior, será tida en conta
inmediatamente para a calificación final e constará na acta como alumno
presentado na convocatoria correspondente.
A ausencia inxustificada a unha das
sesións de seminarios e/ou prácticas, bloques 3.- e 4.-, supón a avaliación do
bloque que corresponda cunha puntuación de 0 puntos, debiéndose repetir na súa
totalidade no curso seguinte.
As cualificacións e de cada un dos
bloques serán publicados na plataforma Moovi, indicando a data, hora e
lugar de realización das correspondentes revisións.
Opción de avaliación global. A
solicitude para esta opción de avaliación se terá que presentar no tempo e
forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo do
curso académico. Dado o carácter experimental das prácticas e seminarios, a
asistencia ás mesmas é obrigatoria para poder optar a esta opción de avaliación.
A non asistencia ás prácticas, sen causa xustificada invalida esta
posibilidade, así como a oportunidade de avaliación extraordinaria (2ª
oportunidade).
Requírese do alumnado que curse
esta materia unha conduta responsable e honesta. Considérase inadmisible
calquera forma de fraude (p.ex. copia e/ou plaxio) encamiñado a falsear o nivel
de coñecemento ou destreza alcanzado polo alumnado en calquera tipo de proba,
informe ou traballo deseñado con este propósito. As condutas fraudulentas poderán
supor o suspenso na materia durante un curso completo. Se lavará un rexistro
interno destas actuacións para, en caso de reincidencia, solicitar ao Reitorado
a apertura dun expediente disciplinario.
En caso de non superar a materia, unicamente
se validarán para o curso seguinte as seguintes probas, en caso de telas
superadas:
- Prácticas de laboratorio.
- Informes de prácticas.
- Exame de preguntas de
desenvolvemento (seminarios).