Prácticas de laboratorio |
Proba final, de preguntas obxectivas, ao remate das prácticas. A proba suspensa ou non realizada será recuperable na segunda convocatoria. |
34 |
A2 A3
|
B4
|
C10
|
D1 D5
|
AVALIACIÓN CONTINUA:
- O alumnado deberá superar, cun mínimo de 5 puntos sobre 10, cada unha das cinco probas parciais (catro de teoría e unha de práctica). No caso de non acadar a nota mínima nalgunha das probas parciais, a cualificación en Actas (Primeira Convocatoria) será sempre a nota media dos suspensos. Só se poderán recuperar en Segunda Convocatoria as probas parciais suspendidas, mantendo as cualificacións das aprobadas durante o cuadrimestre.
AVALIACIÓN GLOBAL:
- Excepcionalmente, o alumnado que así o decida e o comunique no prazo establecido polo centro, poderá solicitar a Avaliación Global e realizar o exame completo da materia só nun exame global, ao final do cuadrimestre (e/ou en Segunda Convocatoria).
- EN AMBAS MODALIDADES DE AVALIACIÓN:
- Os alumnos que, tendo suspenso a proba global ou algunha das probas parciais do cuadrimestre, non se presenten á súa recuperación en Segunda Convocatoria figurarán na acta como "Non Presentado".
- Para aprobar a materia, o alumnado deberá asistir ás prácticas de laboratorio. Admítese unha única falta de asistencia, xustificada documentalmente.
Data do exame final: ver ligazón https://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/
O alumnado que curse esta materia está obrigado a ter un comportamento responsable e honesto. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos e habilidades acadados en calquera tipo de proba, informe ou traballo. A conduta fraudulenta pode significar suspender o curso durante un curso completo. Destas actuacións levarase un rexistro interno para que, en caso de reincidencia, solicite ao reitor a apertura de expediente disciplinario. |