Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Principios de microbioloxía mariña
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral O profesor estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e responde ás preguntas formuladas polo alumnado. Ao final de cada tema, os alumnos terán as presentacións comentadas na aula, vídeos demostrativos, ligazóns a textos de acceso libre e cuestionarios de autoavaliación en Moovi. Durante o cuadrimestre o profesor avaliará ao alumnado mediante catro probas de 25 minutos como máximo cada unha, con preguntas obxectivas e/ou de desenvolvemento.
Prácticas de laboratorio O profesor explica os fundamentos e protocolos das prácticas, supervisa a súa execución e resolve as dúbidas dos alumnos. Estes terán os protocolos e fundamentos de cada práctica en Moovi. O profesor avaliará ao alumnado mediante unha proba de preguntas obxectivas, exercicios e desenvolvemento ao final das prácticas.
Seminario Nun dos seminarios, o alumnado, organizado en grupos, realizará no ordenador unha tarefa que deberá entregar ao remate do seminario para a súa avaliación.
No segundo seminario, os estudantes aprenderán exercicios de cinética de crecemento microbiano e entregarán exercicios ao final da sesión.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000