Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias do Mar
Grao en Ciencias do Mar
 Materias
  Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Probas ao longo do curso. O alumnado realizará catro casos prácticos de análise de datos empregando o software R. Cada caso práctico contará o 7.5% da cualificación final. A avaliación realizarase mediante unha proba a través da plataforma Moovi e a entrega do código (script) necesario para a súa resolución. Dado o seu carácter práctico, a asistencia ás prácticas é obrigatoria (salvo causa debidamente xustificada) e non se avaliarán as probas dos non asistentes. 30 A2
A3
A4
A5
B2
B4
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Probas ao longo do curso. Dous exames parciais tipo test. Cada exame contará o 15% da cualificación final. 30 A2
A3
A4
A5
C2
D1
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final dos contidos da materia. A proba consistirá na resolución de problemas e exercicios. Deberase obter unha cualificación superior a 3.5 puntos (sobre 10) para poder superar a materia. 40 A2
A3
A4
C2
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua: Valorarase o traballo da/o alumna/o ao longo do curso. Na cualificación
final, as probas realizadas ao longo do curso (prácticas e parciais) suporán un 60% e a
proba final (a realizar na data oficial) un 40%. Para superar a materia, será obrigatorio presentarse á proba final e deberase obter unha
cualificación superior a 3.5 puntos (sobre 10). En caso de non obter na proba final a cualificación mínima para superar a materia, a nota a aparecer na acta será o mínimo entre 4.9 e a cualificación final (ponderada).

Segunda oportunidade: Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo baremo que na avaliación continua, contando as probas realizadas ao longo do curso un 60% e a proba final un 40%.
Neste caso manteranse as cualificacións das probas realizadas ao longo do curso e só se repetirá a proba final, na que de deberá obter unha
cualificación superior a 3.5 puntos (sobre 10) para poder superar a
materia. En caso de non obter na proba final a cualificación mínima para superar a
materia, a nota a aparecer na acta será o mínimo entre 4.9 e a
cualificación final (ponderada).

Avaliación global: Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudantado poderá optar a ser avaliado cun exame final que suporá o 100% da cualificación. Neste caso, será necesario obter unha cualificación superior a 5 puntos (sobre 10) para poder superar a materia. No caso do alumnado matriculado na materia por primeira vez, a solicitude da avaliación global non exime da asistencia obrigatoria ás prácticas con apoio das TIC. De no cumprirse a asistencia, non se superará a materia, independentemente da nota do exame final. A solicitude para esta opción de avaliación terase que presentar no tempo
e forma que determine o Centro, que será publicado con anterioridade ao comezo
académico

Outras consideracións:


A data, hora e lugar das probas finais publicarase na web oficial da Facultade de Ciencias do Mar.


http://mar.uvigo.es/alumnado/examenes/


Requírese do alumnado que curse esta materia un comportamento
responsable e honesto. Considérase inadmisible calquera forma de fraude
(copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecemento e
habilidades acadados en todo tipo de proba, informe ou traballo. As
condutas fraudulentas poderán supor suspender a materia durante un curso
completo. Levarase un rexistro interno destas actuacións para, en caso
de reincidencia, solicitar a apertura ao reitorado dun expediente
disciplinario.

O uso de teléfonos móbiles para fins distintos aos docentes, non está permitido durante a duración das actividades presenciais.

A comunicación por correo electrónico do estudiantado co profesorado deberá facerse empregando: (1) a mesaxería da plataforma Moovi; ou (2) o correo institucional (@alumnos.uvigo.gal). Igualmente, este correo é o que debe figurar na plataforma de teledocencia Moovi.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000