Resolución de problemas |
Avaliarase con dúas probas de resolución de problemas de valor 15 puntos cada unha. Puntuación mínima requirida: 6 sobre 15 en cada unha das probas. |
30 |
|
B3 B5
|
C4
|
D4
|
As porcentaxes de cualificación mostradas previamente son as que se empregarán para a avaliación na primeira oportunidade en modalidade avaliación continua. É necesario superar o mínimo indicado nas probas asociadas con Lección Maxistral e Resolución de Problemas, e alcanzar un 5 na nota global, para superar a materia. En ningún caso exporase a realización de probas que supoñan máis do 40% da cualificación da materia nun mesmo día. Na segunda oportunidade da modalidade avaliación continua, exporanse diferentes probas que permitan alcanzar a puntuación máxima en cada un dos apartados considerados. Gardaranse as cualificacións obtidas na primeira oportunidade sempre que se alcance o mínimo establecido e o alumnado o solicite. Para superar a materia será necesario alcanzar un 5 na nota global.
Se se renuncia á avaliación continua, todos os contidos da materia serán avaliados mediante un único exame final (100%), tanto na primeira como na segunda oportunidade do sistema de avaliación global. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: https://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/ |