Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Dereito da auga
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
B1 Describir os principios, conceptos e dimensións que comprende a xestión integrada dos recursos hídricos, e o seu papel como ferramenta clave para alcanzar a seguridade hídrica e avanzar na consecución dos ODS asociados. Identificar os problemas relacionados co desenvolvemento, uso e acceso á auga. Identificar e comparar a lexislación en materia de augas, no ámbito europeo, estatal, autonómico e local, así como interpretar os marcos conceptuais sobre desenvolvemento sostible e a súa aplicación ao ámbito da auga, cunha focalización específica nos ODS. Proporcionar as ferramentas para explicar a economía da auga. Enumerar os aspectos de fiscalidade pública que poden ser relevantes na xestión da auga.
C1 Empregar e comparar a lexislación en materia de augas e os marcos conceptuais en materia de desenvolvemento sostible. Operar con ferramentas que permitan estimar as variables económicas (macro e micro) vinculadas á auga, e empregar as ferramentas para aplicar unha adecuada fiscalidade e política de custos á auga.
D1 Validar, xulgar e adaptar para unha situación concreta a lexislación en materia de augas. Sintetizar as variables económicas que interveñen nun problema vinculado coa xestión da auga. Adaptar os marcos conceptuais, en particular os ODS, a un problema concreto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000