Avaliación continua O alumnado realizará 3 práticas de informática titorizadas que deberá completar en casa e entregar unha semana despois da súa realización. Este tres exercicios puntúan 2 puntos. O alumnado deberá asistir a estas prácticas para que poidan ser puntuadas. O último día de clase deberá presentar o traballo dun proxecto de voaduras que irá realizando ao longo do curso e que valerá 4 puntos da nota global. Finalmente, o día do exame realizará unha proba teórica do contido das clases maxistrais impartidas e cuxo peso sobre a nota global será de 4 puntos. O alumnado disporá dun mes para indicar que renuncia á avaliación continua. Segunda oportunidade Na segunda oportunidade o alumnado poderá entregar, con data límite o día do exame de segunda oportunidade, os traballos que non presentara ao longo do curso e que se citan na avaliación continua, coa mesma porcentaxe sobre a nota global. Avaliación global O alumnado que renuncie á avaliación continua realizará un único exame que será teórico e práctico, sobre as clases maxistrais e as prácticas de informática realizadas, cunha puntuación de 10 puntos. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |