CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN CONTINUA O alumnado poderá realizar (segundo as circunstancias do curso) un máximo de 3 avaliacións que terán parte de preguntas e parte de resolución de problemas coas que poderá obter a nota global. Isto implica que aqueles/as alumnos/as que suspendan as probas convocadas durante o cuadrimestre poderán presentarse ao exame de primeira oportunidade para a súa recuperación. Para acceder ás probas de avaliación continua será necesario asistir, polo menos, ao 75% das clases. Por tanto: - Parcial 1 (30% da nota): Proba tipo test
- Parcial 2 (35% da nota): Proba de programación nas aulas de computadores. Só se utilizarán os computadores dos laboratorios
- Parcial 3 (35% da nota): Proba de programación nas aulas de computadores. Só se utilizarán os computadores dos laboratorios.
As probas ás que non se concorra, NON renunciando á avaliación continua en tempo e forma, cualifícanse con cero (0,0 sobre 10). Fórmula de avaliación: parcial1 (>= 3,0)*0,30 + parcial2 (>= 3,0)*0,35 + parcial3 (>= 3,0)*0,35 >= 5,0 Se unha persoa non desexa ser sometida ao sistema de avaliación continua, poderá renunciar expresamente a ela no período establecido. Nese caso, presentarase a un exame global da materia, na data e hora definidas pola EEME, que supoñerá o 100% da nota. CONSIDERACIONS SOBRE A AVALIACIÓN GLOBAL En caso de renuncia á avaliación continua, proponse unha avaliación que incluirá o 100% da materia, incluíndo unha parte de preguntas e outra de resolución de problemas, e que se realizará na data oficial que se detalla no calendario da Escola. de Enxeñaría de Minas e Enerxía. CONSIDERACIONES DE SEGUNDA OPORTUNIDADE Aqueles/as alumnos/as que non superaran a materia na primeira oportunidade, tanto pola modalidade de avaliación continua como pola de avaliación global, terán a opción de realizar un exame de segunda oportunidade segundo o establecido no calendario do centro. Calendario de exames.Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/es/docencia/examenes/ |