Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Vigo
 Materias
  Práctica Laboral e de Seguridade Social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Avaliarase a participación activa dos/as alumnos/as nos seminarios. 20 B2
B6
C1
C2
D2
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao final do período de docencia presencial farase unha proba escrita que consistirá na resolución dun ou máis casos prácticos. 40 B1
B2
B3
B6
C1
C2
C3
Exame de preguntas obxectivas Ao final do período de docencia presencial ou durante o mesmo poderán facerse unha ou varias probas tipo test. 40 B1
B3
B6
C1
C2
C3
C4
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, cando menos, a un 75 % das clases presenciais. 

- Primeira oportunidade de exame:
 
1.- Os/as alumnos/as que se someten a avaliación continua serán avaliados/as
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación
continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de
casos (40%). A proba tipo test e a proba práctica relativa ao estudo de
casos se farán en datas diferentes.
2.- Para os/as alumnos/as que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos/as do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nun exame final e unha proba que permita
avaliar a adquisición de competencias, nas mesmas condicións que os/as estudantes
que se acollen ao sistema de avaliación continua. Neste caso, a avaliación consiste nun exame teórico de entre 3 e 4 preguntas de desenvolvemento que
supón un 70% da nota final, e un exame práctico que supón un 30%
da nota final.

- Segunda oportunidade de exame: 
1.- No exame de xullo os/as alumnos/as que se sometesen ao sistema de avaliación
continua conservarán a nota que obtivesen no curso. 
2.- Para os/as alumnos/as que non se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos/as do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa
totalidade polo resultado obtido nun exame final e unha proba que permita
avaliar a adquisición de competencias, nas mesmas condicións que os/as estudantes
que se acollen ao sistema de avaliación continua. Neste caso, a avaliación consiste nun exame teórico de entre 3 e 4 preguntas de desenvolvemento que
supón un 70% da nota final, e un exame práctico que supón un 30%
da nota final.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000