Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, polo menos, a un 75% das clases presenciais.
Primeira oportunidade de exame: 1. O alumnado que se someta a avaliación continua será avaliado conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de casos (40%). 2. Para o alumnado que non se someta a avaliación continua, ou que quede excluído do devandito sistema, a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá nunha proba teórico-práctica.
Segunda oportunidade de exame:
1. No exame de xullo o alumnado que se sometera ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivera no curso. 2.- Para o alumnado que non se sometera a avaliación continua, ou que quedara excluído do
devandito sistema a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nun exame final, que consistirá
nunha proba teórico-práctica.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán as especificadas no calendario aprobado pola Xunta de Facultade. |